O Concello do Grove ofrece YoConecto, un program de cursos gratuíto para formar en competencias dixitais. Concretamente, os participantes aprenderán a navegar por internet de forma segura, realizar trámites coa administración electrónica e a banca dixital, impulsar os seus negocios en internet, crear un currículum dixital e usar os sitios web de búsqueda de emprego, coñecer plataformas e apps de aprendizaxe, creatividade e ocio, e comunicarse por videochamadas e redes sociais.
O Concello do Grove convoca dous cursos nos próximos meses para adultos. Ademais, prevese que durante as vacacións escolares de semana santa e de verán tamén se realicen cursos para nenos e nenas, nos que se formarán en temas como a seguridade na rede, a búsqueda de información de valor, ou a protección dos seus datos persoais.
Os cursos que teñen aberta a inscrición son:
– Curso de Apps útiles para a xestión de trámites por internet a través do móbil. Dirixido preferiblemente a poboación de 25 a 59 anos.
Impartirase do 1 ao 4 de abril en horario de 10:00 a 12:00 horas.
Os interesados e interesadas teñen de prazo para inscribirse ata o 13 de marzo.
– Curso de iniciación ao mundo dixital. Dirixido a persoas maiores de 60 anos.
Impartirase do 8 ao 11 de abril en horario de 10:00 a 12:00 horas.
O prazo para inscribirse está aberto ata o 24 de marzo.
As inscricións recolleranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX ubicada no 2º piso da Casa do Concello (Praza do Corgo) ou a través dos teléfonos 886214933 e 986730609 e do correo electrónico omix@concellodogrove.es
Non se admitirán inscricións fóra dos prazos establecidos para cada curso.
Ao finalizar, os participantes recibirán un certificado DigComp que lles acredita os coñecementos e competencias adquiridos na utilización das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións dentro do marco europeo.