Home Pontevedra O Salnés O BNG de Sanxenxo critica a falta de interese do goberno local...

O BNG de Sanxenxo critica a falta de interese do goberno local na compostaxe

- Anuncio -

Os nacionalistas recordan que tres composteiros comunitarios levan máis dun ano sen poder ser utilizados polos veciños e veciñas e denuncian a ausencia de políticas de comunicación e asesoramento por parte do Partido Popular para fomentar o seu uso e explicar os seus beneficios

Desde o Bloque sinalan a “hipocresía” de Telmo Martín e do seu equipo de Goberno, que critica a taxa de residuos ao mesmo tempo que incrementa impostos como o IBI ou o de Vehículos

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo volveu deixar patente no Pleno ordinario de novembro, celebrado este luns, a falta de interese por parte do Goberno municipal do Partido Popular en impulsar iniciativas e propostas efectivas para mellorar a compostaxe no municipio. O voceiro nacionalista, Fran Leiro, aproveitou a súa intervención durante o debate suscitado a raíz dunha moción presentada polo PP solicitando a derogación da implantación obrigatoria da taxa de residuos a entidades locais para recordar o estado de abandono que sufren desde o inicio deste mandato os composteiros comunitarios.

Non é a primeira vez que o Bloque amosa a súa preocupación por este feito. A día de hoxe, máis dun ano despois da súa instalación, estes composteiros permanecen pechados. “Montáronse, pero non se lle dá uso. O único operativo é o que está nas inmediacións do Parque do Espiñeiro, en Portonovo, que foi posto en marcha polo anterior Goberno local a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra”, lembrou Leiro. O BNG bota en falta por parte do Partido Popular accións efectivas, ademais da apertura destes composteiros, para fomentar a práctica da compostaxe entre a veciñanza. Desde o Bloque denuncian a total ausencia de campañas informativas ou de asesoramento sobre os composteiros comunitarios por parte do Concello, que non só se centren na súa utilización, senón tamén nos beneficios que supón a compostaxe. “A realidade é que eses tres centros están totalmente abandonados, con candado posto desde hai case dous anos e sen estruturante”, sinalan os nacionalistas, que teñen claro que o PP e o señor Telmo Martín “nunca tiveron interese real á hora de instruír á veciñanza no seu uso, a pesar das vantaxes económicas e medioambientais que conlevaría a súa utilización habitual”, denuncia Fran Leiro, que fala “da especialidade do señor Telmo Martín, que é fomentar políticas de cemento nas que se gastan cartos públicos en infraestruturas ás que non se lles dá ningún tipo de uso”. Isto contrasta, en cambio, co bo funcionamento do composteiro comunitario que o Goberno local do cuatripartito puxo en marcha antes da chegada de Telmo Martín en Portonovo, a través do Plan Revitaliza.

Con respecto á moción do PP, o BNG optou pola abstención, non sen deixar clara a súa sorpresa polo feito de que Telmo Martín e o seu equipo falen dos prexuízos da taxa de residuos, pero non critiquen a suba do recibo de Sogama. “Todo isto tendo en conta, ademais, que o señor Martín promoveu en menos dun ano a suba do IBI e da ‘viñeta’ do vehículo, despois de prometer que baixaría impostos. Esta dobre moral non é de recibo e supón unha falta de respecto á veciñanza”, conclúen desde o Bloque.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas