– O Concello fai tamén un chamamento á cidadanía para participar nos tradicionais desfiles das festas como xigantes e cabezudos. Este luns, 25 de maio, é o último día para anotarse. Os requisitos son ter 16 anos e estar empadroado/a en Redondela.
O Concello de Redondela lembra ás persoas interesadas que está aberto o prazo para solicitar algún dos postos de comida e bebida para a Festa da Coca. Ata o 26 de maio pode solicitarse a instalación de barras e postos de comida rápida para os concertos. A documentación está dispoñible no Perfil do Contratante (www.contrataciondelestado.es) e na sede electrónica do Concello de Redondela.
Xigantes e Cabezudos
Desde o Concello faise tamén un chamamento á cidadanía para participar nos tradicionais desfiles das festas como xigantes e cabezudos. Este luns, 25 de maio, é o último día para anotarse. Os requisitos son ter 16 anos cumpridos e estar empadroado/a en Redondela. A inscrición faise no Rexistro Xeral do Concello. O sorteo público das prazas será o 29 de maio ás 20:00 h no Multiúsos da Xunqueira.

