Home Pontevedra O Condado Alfonso Rueda considera que só Nava Castro pode devolver a Ponteareas o...

Alfonso Rueda considera que só Nava Castro pode devolver a Ponteareas o que esta vila merece porque é a mellor candidata

- Anuncio -

Nava Castro: “Saímos a gañar porque temos gañas, experiencia, capacidade de xestión, ilusión, forza e contamos co apoio de moitos cidadáns”

• O presidente do Partido Popular de Galicia enxalzou a Nava Castro como unha persoa que se vai a entregar a Ponteareas porque ten as súas raíces nesta vila e porque cree nela, polo que considera que é a mellor candidata que se presenta no municipio

• Lamentou perder no seu equipo a unha persoa leal, a unha compañeira valiosa e a unha servidora pública extraordinaria, pero ao tempo Alfonso Rueda alégrase de que esta perda signifique que quen vai gañar é Ponteareas

• Apuntou neste sentido que Ponteareas gaña a veciña recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras por contribuír decisivamente a que Galicia estea de moda e a unha política que non vén a aprender, senón que vén aprendida: “Ponteareas gaña en eficacia, en ideas e en gañas porque iso é o que vai ofrecer Nava Castro e sei que só ela pode devolver a Ponteareas o que esta vila merece”

• O líder dos populares galegos reivindicou a estabilidade, a xestión e a política útil da súa formación; mostrándose convencido de no ciclo electoral de 2023 o Partido Popular será referente de bo goberno en máis lugares e blindará a moitos concellos fronte a división, o oportunismo e a ineficacia

• Alfonso Rueda remarcou que o que está a demandar a xente son menos palabras e máis palabra, menos parálise e máis goberno, menos liorta e máis unidade, menos barullo e máis estabilidade; e que precisamente iso é o que ofrecerá o Partido Popular nos 313 concellos galegos

• Engadiu ao respecto que o que ofrecen os populares son os mellores candidatos, un partido que sabe gobernar e sobre todo a alternativa que máis se parece aos galegos alí onde viven

• O presidente do PPdeG considera que o 28 de maio é a oportunidade de que a provincia de Pontevedra teña na Deputación un goberno que saiba gobernar e que saiba estar, de que Galicia diga 313 veces si á política útil e a oportunidade tamén de poñer punto e final ao sanchismo levando a Alberto Núñez Feijóo ás portas da Moncloa

NAVA CASTRO: “AVANZAR É O CAMIÑO E EU ESTOU AQUÍ PARA AVANZAR”

• O candidata do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas afirmou que “Ponteareas necesita un cambio e que se volvan tomar as rendas do sentidiño, do traballo e do facer”, polo que se mostrou disposta a ser a artífice dese cambio: “Temos gañas, experiencia, capacidade de xestión, ilusión, forza e contamos co apoio de moitos cidadáns. Saímos a gañar para que Ponteareas volva ter a xestión que merece. Avanzar é o camiño. E eu estou aquí para avanzar”

• “Escoitamos aos nosos veciños e ofrecemos un proxecto ilusionante, integrador e cohesionado, con ideas e certezas en que vamos traballar todos xuntos e unidos porque esa é a clave”, remarcou Nava Castro

• “Ponteareas necesita normalidade e que os seus veciños vivan tranquilos e felices. Non en permanente estado de control dun goberno que excede as súas competencias e obrigacións cos ponteareáns. Porque gobernar é outra cousa: é administrar e xestionar, non impoñernos o que debemos facer na nosa esfera privada”, engadiu

• Recordou a candidata popular que este concello foi pioneiro en moitas cousas e prometeu que volverá situar a Ponteareas no lugar que se merece: “Crearemos un servizo de teleasistencia 24/7 nos domicilios que o soliciten, poremos a disposición de veciños e turistas toda a información sobre servizos, transporte, ocio, cultura… a través duns códigos QR, disporemos e utilizaremos nas emerxencias toda a tecnoloxía dispoñible; poremos en marcha programas municipais de voluntariado, as familias vulnerables ou con necesidades especiais contarán con Internet de forma totalmente gratuíta e todos os cidadáns terán acceso á xestión do Goberno municipal con transparencia e con total liberdade”

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Publicacións Relacionadas