Medio cento de rapaces e rapazas de 4º da ESO do IES Pedro Floriani visitaron esta mañá o Concello. Están a realizar traballos de investigación para a materia de Historia, polo que recolleron información do Arquivo Municipal e traballaron no antigo salón de plenos, onde foron recibidos pola alcaldesa, Digna Rivas.
A evolución da paisaxe en Redondela, a historia dos colexios de Santo Paio de Reboreda e de Cabeiro, xunto co Inventario de bens do Concello do 1960 foron os temas que consultaron. Planos antigos, contratos e expedientes recollidos pola responsable do Arquivo Municipal, Ana Gesteira, foron algúns dos documentos que consultaron. O seu mestre, Paula Jablonski, guiounos nas pescudas.