Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Aprendemos a combater a ansiedade e o estrés con Andrea Iglesias nos...

Aprendemos a combater a ansiedade e o estrés con Andrea Iglesias nos ‘Cafés en igualdade’ da tempada

- Anuncio -

A psicóloga rosaleira afondará na problemática de vivir con présa este xoves 30 de maio ás 17.30 horas no Café Bar San Martiño, en Martín

O estrés e a ansiedade forman parte da vida cotiá. Nun mundo con altas demandas laborais, familiares e sociais e cun ritmo de vida acelerado facer fronte ao día a día supón un desafío constante. Para identificalo, poñerlle cara e afondar na súa problemática e como combatelo, a psicóloga rosaleira Andrea Iglesias falará sobre ‘Ansiedade e estrés. Vivir con présa’ no peche de tempada dos ‘Cafés en Igualdade’.

Será nunha nova cita con este programa do Concello do Rosal que se celebrará este xoves 30 de maio a partir das 17.30 horas no Café Bar San Martiño, de Martín. Iglesias traballa principalmente con nenas, nenos e adolescentes e imparte obradoiros e charlas sobre diferentes temáticas, como a presión estética, cuestión que abordou xa na anterior edición dos ‘Cafés en Igualdade’. Agora, afondará ante o público no estrés e na ansiedade, nos síntomas físicos e psicolóxicos negativos que poden carrexar e sobre como facerlle fronte. 

Os ‘Cafés en Igualdade’ nacen da man do Concello do Rosal co obxectivo de achegar á veciñanza temas de actualidade dun xeito ameno e distendido, nesta edición levando a igualdade a todos os recunchos e percorrendo ademais os barrios. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, subliña a importancia desta iniciativa que permite “establecer espazos de convivencia e aprendizaxe para abordar novas temáticas dende o coñecemento, o diálogo, o respecto e a reflexión, espazos nos que unirse e explorar temas que nos preocupan a todas e todos, enriquecéndonos con diferentes perspectivas e experiencias”.

O proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.

Relacionadas

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

O Rosal impulsa o benestar das mulleres coidadoras coa segunda edición de Cultivando Coidados

0
Trátase dun proxecto que busca ofrecer un espazo para traballar o autocoidado persoal, fomentando a cooperación e fortalecendo as redes de apoio O Concello do...

O goberno do PP é un irresponsábel que xoga coa saúde dos veciños e...

0
Esta mañá os medios da localidade informaban que se desaconsellaba o baño na praia fluvial do Liñares por contaminación de Enterococos. Sen embargo, o...

Os Campamentos de conciliación do concello de Ponteareas ofertaron 360 servizos

0
• No auditorio municipal celebraron a festa de fin de verán cun espectáculo de maxia • A alcaldesa e o concelleiro de Ensino entregáronlle camisetas...

Mos recibe novo material para eliminar niños de Velutina valorado en preto de 6.000...

0
Inclúe unha escopeta específica para a súa erradicación, insecticidas e EPIs para os operarios que asumen esta tarefaA aportación foille realizada ao Concello pola...

O Concello de Tomiño solicitará a Revista Viajar a retirada do artigo dos pobos...

0
A alcaldesa ven de enviar unha carta ao director da Revista Viajar esixindo a realización dunha nova reportaxe sobre Tomiño para resarcir a mala...

Publicacións Relacionadas