• Aprobado o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para as obras de “MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO TREITO ANTIGO DA EP-5201 ARBO-CABEIRAS-BARCELA, NO ENTORNO DA IGREXA DE SAN SEBASTIÁN DE CABEIRAS”
• As obras ascenden a 416.064,84€.- , das que a Deputación financiará 332.851,87€.- (80% do importe das obras) e o Concello de Arbo 83.212,97.-€ (20% do importe das obras)
• Correspóndelle Deputación de Pontevedra a licitación, dirección e execución das obras
O Concello de Arbo, acaba de aprobar no Pleno da Corporación o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para as obras de “MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO TREITO ANTIGO DA EP-5201 ARBO-CABEIRAS-BARCELA, NO ENTORNO DA IGREXA DE SAN SEBASTIÁN DE CABEIRAS”
A presente actuación, na que se encadra este proxecto como primeira fase, ten por obxecto a reordenación da toda a contorna e espazos públicos no ámbito da Igrexa de San Sebastián de Cabeiras e o Campo da Festa, incluíndo os viarios de acceso a ambos equipamentos.
“As obras teñen como obxectivos principais a mellora substancial das condicións de accesibilidade, no accesos, circulacións, pavimentos e plataformas, e a busca dunha adecuación dos usos actuais do entorno a unhas características paisaxísticas moi singulares, poñendo en valor o uso peonil nas actividades tradicionais que albergan os equipamentos existentes (Igrexa, Cemiterio e Campo da Festa)” – informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil
O importe total das obras ascenden a 416.064,84€.- , das que a Deputación financiará 332.851,87€.- (80% do importe das obras) e o Concello de Arbo 83.212,97€.- (20% do importe das obras), correspóndelle a Deputación de Pontevedra a licitación, dirección e execución das obras
A zona donde esta proxectadas as obra, están nun contexto de gran importancia e tradición para a parroquia de Cabeiras e para o Concello de Arbo, que viu desfigurada a súa imaxe e configuración debido ao longo de tempo e que hoxe presentan problemas graves de accesibilidade e de integración paisaxística.
Horacio Gil, manifesta que “O ámbito da actuación comprende un área conformada polos distintos accesos a percorridos tradicionais relacionados coas actividades relixiosas, polo que parece lóxico que a intervención teña como obxectivo garantir unha continuidade peonil que faga máis do entorno un sitio máis accesible e atractivo para os usuarios. Unha actuación sobre un área significativa cuns obxectivos sen dúbida ambiciosos, xa que a súa implementación suporá unha mellora profunda nun emprazamento singular no Concello de Arbo”

