Os concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas acompañaron ao equipo de mestres e de Dirección do CEIP de Ardán, outro centro educativo que está a participar no programa ObservAcción da Xunta de Galicia, que procura xuntar a equipos de distintos lugares e centros para enriquecer as programacións para o alumnado. Neste caso, acudiron ao centro marinense mestres de Palencia e de Tenorio.

