As aulas Cemit de Redondela e Chapela ofrecen catro novos cursos

adminON
Lectura mínima de 3

A concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que dirixe Antonio Cabaleiro, abre a matrícula para os novos cursos das aulas Cemit de Redondela e Chapela. Desde o 17 e ata o 30 de abril os interesados poden solicitar praza nas actividades que se desenvolverán durante os meses de maio e xuño. Serán en horario de mañá na Aula Cemit de Redondela (luns e mércores) e na Aula Cemit de Chapela (martes e xoves), cunha duración total de 24 horas de formación cada curso. Todos inclúen un módulo transversal sobre Fundamentos da Intelixencia Artificial. Estas actividades son de balde e están dirixidas a público adulto. Para máis información poden consultar no apartado CURSOS da web www.redondela.gal.

CURSOS AULA CEMIT REDONDELA – CHAPELA (Maio e xuño 2024)

AULA REDONDELA

  1. Microsoft OneDrive – A nube de Microsoft. Luns e Mércores de 10:00 a 11:30, do 6 de maio ao 26 de xuño.
    • OneDrive é o servizo na nube de Microsoft (Word, Excel e Powerpoint)
    • Permite almacenar e protexer ficheiros.
    • Compárteos con outros usuarios.
    • Accede a eles desde calquera lugar en todos os teus dispositivos.
  2. Competencias Dixitais Básicas con Windows 10 e Linux. Impártese luns e mércores, de 12:00 a 13:30 hs do 6 de maio ao 26 de xuño.
    • Conceptos básicos de informática, sistemas operativos.
    • Dispositivos electrónicos e elementos periféricos.
    • Creación de contidos.
    • Internet e correo electrónico.

AULA CHAPELA

  1. Creación de contidos con aplicacións en liña (Photofancy e Photopea). Martes e xoves: 10:00 a 11:30hs. Do 7 de maio ao 27 de xuño.
    • Crear contido fotográfico con software instalado en páxinas web.
    • Photofancy: software de edición de fotografía.
    • Photopea: software para retoque fotográfico.
  2. Creación de vídeos online con FlexClip. Martes e xoves, de 12:00 a 13:30hs. Do 7 de maio ao 27 de xuño (24 horas.)
    • FlexClip, software de edición de vídeo en liña, con espazo na nube.

AULAS CEMIT OS VENRES

Ao longo de todo o curso as aulas Cemit de Redondela e Chapela están abertas ao público adulto todos os venres de 9.30 a 12.00 horas. Tamén os venres, e en horario de 12.00 a 13.30 horas, ofrécense aulas sobre Competencias dixitais básicas con tablet.

Comparte este artigo