Home O Salnés O Grove As xestións da Área Sanitaria de Ponevedra e O Salne´s acadaron a...

As xestións da Área Sanitaria de Ponevedra e O Salne´s acadaron a cobertura de seis das sete prazas de medicina familiar e comunitaria no Centr de Saúde de O Grove

- Anuncio -

― A Administración Sanitaria Pública galega estima que a cobertura da sétima praza médica neste centro de Atención Primaria -pendente de adxudicación nunha segunda quenda administrativa da Oferta Pública de Emprego- resolveráse nun curto período de tempo

As xestións administrativas efectuadas pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés acadaron a cobertura de seis prazas de facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria dun total das sete que ten asignado no seu cadro de médicos o centro de saúde de O Grove, coa aportación engadida dun facultativo reincorporado que está a apoiar a actividade diaria deste centro de Atención Primaria arousán.

A Administración Sanitaria Pública galega estima que a cobertura da sétima praza de Medicina Familiar e Comunitaria no centro de saúde grovense -pendente de adxudicación nunha segunda quenda administrativa da Oferta Pública de Emprego, cuxo proceso de selección levouse a cabo por un concurso de méritos- resolveráse nun curto período de tempo.

A Área Sanitaria mellorou gradualmente ao longo do pasado mes de outubro a situación de carencia de médicos do pasado verán no centro de saúde de o Grove -con períodos de cobertura atendidos por dous facultativos- coa incorporación de 4 médicos máis. Dous deles están a cobrer dúas incapacidades temporais, mentres que os outros dous incorporáronse tras a resolución do concurso de traslados do pasado 27 de outubro.

Coberturas de atención pediátrica e no PAC
No que atinxe á cobertura de atención pediátrica no centro de saúde grovense, a Área Sanitaria dispón desde onte mércores da prestación dunha facultativo procedente doutro centro de saúde, que atende consultas de Pediatría en franxa de mañá, co apoio adicional dos médicos deste centro de Atención Primaria, que tamén asumen con garantía asistencial a demanda de atención pediátrica diaria.

Asi mesmo, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa a efectuar xestións para normalizar a cobertura médica no Punto de Atención Continuada grovense, onde de catro médicos de dotación habitual disponse de un prestando asistencia -dado que outro presentou unha incapacidade temporal e hai outras dúas vacantes que o SERGAS ofertará a vindeira semana como interinidades-. Cando o Sistema Sanitario non pode garantir a presencia de médico neste PAC, reforza a súa dotación de enfermaría e facilita a consulta telefónica con médicos doutros centros, así coma cos PAC´s de referencia aos que poden acudir os pacientes.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas