HomePontevedraPontevedraAvanza a tramitación urbanística para a construción de 2.000 vivendas públicas no...

Avanza a tramitación urbanística para a construción de 2.000 vivendas públicas no barrio leste da cidade

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña informou esta mañá dos avances do Concello de Pontevedra e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para o desenvolvemento do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para a construción de vivenda pública na zona leste da cidade. Logo de dar conta á Comisión de Urbanismo, o concelleiro indicou que a Xunta desbotou os terreos cara a zona de O Marco e decidiu ampliar a actuación entre a rolda leste e o cemiterio de San Amaro.

Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña o PIA abranguía, inicialmente, as unidades de actuación urbanísticas B2.2 e B5 con arredor de 200.000 metros cadrados para a construción dunhas 2.000 vivendas públicas. Están situadas entre Conde Bugallal e as traseiras da rúa Campo Santo.

Logo de facer o estudos pertinentes, a Xunta desbotou o B2.2 e propuxo o desenvolvemento dese Plan dentro do B5 ampliando unha zona cara rolda leste (avenida das Chans). Neste momento seguen trallando na delimitación dese novo ámbito para a construción das 2.000 vivendas. O que estaría por definir serían os metros cadrados que ocuparía o plan, segundo indicou Alberto Oubiña, quen adiantou que o Concello quere que se melloren os accesos a todo este novo ámbito dende a avenida das Chans (rolda leste) cara Pintor Laxeiro, para convertelo nunha vía estruturadora da urbanización.

Sareb

Ao mesmo tempo, o concelleiro informou de que a Sareb está promovendo a recuperación dunha licenza de construción de dous edificios na rúa Conde Bugallal. Trátase dos inmobles da rúa Agro da Estrela dos que están edificados tres bloques pero, debido á quebra da construtora, quedaron pendentes de executar dous máis (arredor de 50 vivendas).

O concelleiro de Urbanismo indicou que o Concello xa requiriu o pago da fianza á Sareb para continuar coa recuperación da licenza de 2006, pero aínda non se coñece cales son as pretensións da sociedade, xa que existen tres escenarios posibles: que non constrúa, que constrúa coa licenza de 2006 ou que solicite a modificación daquela. No caso de iniciar a construción, o Concello reclamará que estes novos bloques se incorporen á promoción de vivenda pública por parte do Estado en Pontevedra.

Publicacións Relacionadas