Durante case 3 meses que durou o servizo fixéronse un total de 85 préstamos, fronte aos 26 préstamos do pasado ano. Un servizo que coma na anterior edición se desenvolveu na praia da Muxeira, no Peirao, na Veiguiña Longa, en Comboa, e na Xunqueira de Arcade.
Balance máis que positivo dunha nova edición do Biblioverán. Unha edición que se desenvolveu dende o 20 de xuño ata o 11 de setembro deste 2024. Un meses durante os cales a Biblioteca Pública Luís Seoane trasladouse a diferentes espazos exteriores do Concello de Soutomaior, lugares de lecer sobre todo para os máis pequenos, co fin de achegar os servicios que ofrece a biblioteca municipal Luís Seoane.
Este servizo de extensión bibliotecaria desenrolouse no Peirao, e un ano máis, tamén se estendeu a Veiguiña Longa, en Comboa, e á Xunqueira de Arcade. Lugares, todos eles, onde se ofreceu non só un espazo para a lectura ao aire libre, senón tamén un espazo onde se desenrolaron diferentes actividades de animación á lectura onde tiveron lugar contadas de contos, teatro, diferentes obradoiros, campionatos de xogos de mesa, préstamos e devolucións de libros e lecturas compartidas…
Durante este case 3 meses que durou esta actividade pasaron máis de 450 persoas polo servizo cunha media de 34 persoas ao día en xuño, 28 persoas en xullo e 48 persoas no mes de agosto. Fixéronse un total de 85 préstamos, fronte aos 26 préstamos do pasado ano.
A concelleira de Cultura de Soutomaior, Silvia Cernadas, descatou que “este ano, houbo ampliación do servizo de Biblioverán tras percibir esta demanda por parte das veciñas e veciñas do concello, así deste xeito ofertamos o Biblioverán durante case 3 meses mentres que no ano pasado foron menos de dous os meses nos que se realizou esta actividade. Ademais durante os días deste servizo houbo sempre actividades, que esa é unha das principais novidades deste ano, tendo os xogos de mesa moito éxito entre as e os asistentes”.
O obxectivo desta iniciativa foi o de manter o hábito lector ao longo da época estival. Así nestes espazos realizáronse préstamos de libros, devolucións, lecturas in situ e moito máis sen ter que desprazarse ao local da biblioteca.
Dende a Biblioteca Municipal e a concelleira de Cultura están máis que satisfeitos co éxito de actividades e con poder dar servizos bibliotecarios fora do espazo da biblioteca. Silvia Cernadas aproveitou o balance para agradecer a boa recepción e disposición de todas as persoas que se achegaron e compartiron Biblioverán no concello de Soutomaior.

