Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro protagonizará o espazo “Galicia Parabéns” que a Xunta leva a...

Campo Lameiro protagonizará o espazo “Galicia Parabéns” que a Xunta leva a Feira Internacional de Turismo FITUR en Madrid

- Anuncio -

A distinción lograda este ano como Capital do Turismo Rural de España centrará a intervención do alcalde Carlos Costa neste escaparate turístico mundial.

O alcalde do Concello de Campo Lameiro, Carlos Costa, será o encargado de presentar os atractivos turísticos do municipio no transcurso da celebración da Feira Internacional de Turismo FITUR en Madrid dentro do stand da Xunta de Galicia e do seu programa “Galicia Parabéns”.

Campo Lameiro estará presente neste acto xunto aos concellos de Cambados e Baiona e no mesmo presentarase un vídeo elaborado para a ocasión cos principais atractivos turísticos do municipio ao tempo que se distribuirán folletos informativos e se manterá unha conversa cos turoperadores asistentes e público en xeral.

O Concello de Campo Lameiro participa nesta presentación da Xunta de Galicia en FITUR como gañador do concurso realizado por Escapada Rural en toda España que o acredita como Capital do Turismo Rural a través dunha votación popular aberta na que participaron milleiros de persoas en todo territorio nacional.

Carlos Costa expondrá as virtudes de Campo Lameiro como Capital Galega da arte Rupestre, “xa que somos o municipio coa área de maior concentración de petróglifos do mundo, dispoñemos dunha arte sacra incomparable con auténticas xoias do románico, temos infinidade de elementos de carácter etnográfico, muíños, cruceiros, petos de ánimas, capelas…; somos o balcón dos meandros do río Lérez e a nosa gastronomía, servida polos mellores establecementos hostaleiros da provincia, son a clave do éxito do turismo verde e familiar que nos permitiu ser elixidos este ano como Capital do Turismo Rural de España”, indicou o alcalde.

Para Carlos Costa di que en Madrid “si teño algo que destacar de Campo Lameiro non son nin as súas excepcionais paisaxes, nin as súas igrexas, nin as súas tradicións, nin as súas festas, nin a súa excelente gastronomía, etc. etc. se non aos seus veciños e veciñas, aos nosos paisanos e paisanas que son o auténtico secreto que paga a pena descubrir, coñecer, explorar e mesmo amar. Non hai unha soa persoa que visitase Campo Lameiro e regresase con indiferenza ao seu lugar de orixe. Esta visita representou nas súas vidas un antes e un despois”.

Finalmente, dixo que “modestamente, temos a virtude de facer que ninguén se sinta estraño entre nós e converter o noso pobo nunha segunda casa para aqueles que nos visitan que, na súa inmensa maioría, volven ou nos recomendan para pasar unhas vacacións distintas, diferentes, pero sobre todo indescritibles”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas