Home Pontevedra A Lama Canda e Carrera presentan á veciñanza da Lama un proxecto de produción...

Canda e Carrera presentan á veciñanza da Lama un proxecto de produción enerxética fotovoltaica, a reforma da Alameda e a creación dun centro comercial municipal

- Anuncio -

Con esta iniciativa o Concello convertiríase en impulsor dunha comunidade enerxética para abaratar o recibo da luz aos usuarios.

O alcalde do Concello da Lama, Jorge Canda, e o tenente de alcalde, David Carrera, presentaron ante a veciñanza da Lama nunha reunión realizada na Casa do Pobo tres proxectos de especial interese para os veciños consistentes na creación dunha comunidade enerxética fotovoltaica, a reforma do acceso á Alameda e a construción dun centro comercial municipal ubicado na parte superior do estacionamento.

Canda e Carrera informaron do proxecto de creación da comunidade enerxética fotovoltaica que pretende instalar paneles solares nos tellados dos edificios municipais para xerar enerxía que poida ser introducida na canle de distribución eléctrica e supoña unha importante redución do recibo da luz tanto para o Concello como para os veciños que decidan participar nesta iniciativa nun diámetro aproximado de 2 quilómetros desde o centro da vila.

Os paneis solares irían ubicados nos tellados de edificacións municipais como son o pavillón de deportes, a escola taller e mesmo o novo Centro Comercial Municipal que se pretende construir na parte superior do actual aparcadoiro existente no centro da vila.

Outra das actuacións presentadas ante a veciñanza foi o referido á mellora do acceso á Alameda que permitirá a súa unión coa rúa Igrexa, a un mesmo nivel, dentro dun proxecto que pretende contar co finanzamento da Deputación de Pontevedra dentro das liñas de axuda que favorecen a accesibilidade peonil como Ágora, por exemplo.

Este proxecto contempla a eliminación do peche perimetral actual pola rúa da Igrexa e a substitución por rampas e zonas escalonadas con desnivel suavizado para crear unha plataforma única dándolle maior amplitude á Alameda e unha mellor imaxe á rúa Igrexa.

Finalmente, Canda e Carrera presentaron o proxecto de construción dun Centro Comercial Municipal que iría colocado sobre columnas na parte superior do estacionamento, que linda coa rúa Pedreira, coa intención de conservar nos baixos os aparcamentos e crear na parte superior unha superficie duns 600 metros cadrados útiles para ser divididos, a demanda, entre aqueles emprendedores que quixeran instalar os seus negocios alí.

A parte superior iría dotada de paneis solares para autoabastecer enerxéticamente esta edificación e, a enerxía sobrante, incorporala ao proxecto da comunidade enerxética fotovoltaica municipal.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas