Home Deputacións Deputación Pontevedra "Canteira de Igualdade" arranca na sede da Deputación en Vigo

“Canteira de Igualdade” arranca na sede da Deputación en Vigo

- Anuncio -

Carmela Silva participou no inicio desta formación específica na que participan máis de 30 mozas e mozos facendo un canto para que a xente máis nova se incorpore “á loita máis xusta que existe que non é outra que a da igualdade”

“O futuro escríbese coa palabra igualdade, son optimista e sei que sodes imprescindibles porque podedes cambiar o mundo”. Con estas palabras, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu hoxe na sede provincial en Vigo o tiro de saída á segunda edición de “Canteira de Igualdade”, a formación coa que nas próximas semanas una trintena de mozas e mozos do ensino secundario da provincia, o 82% mulleres e o 18% homes, aprenderán, avaliarán e reflectirán sobre conceptos de xénero, patriarcado, androcentrismo, sexismo, machismo, violencia ou linguaxe sexista, para converterse en axentes activos de igualdade e feminismo, crear canteira e impulsar o cambio, “a loita máis xusta e fermosa que existe para poder ser unha sociedade decente, inclusiva e máis feliz”, como sinalou a presidenta provincial. Durante todos os sábados de febreiro, marzo e ata mediados de abril, oito mulleres “moi potentes, referentes, especialistas nestas materias e formadas” como Priscila Retamozo, Luisa Abad, Chis Oliveira, Amada Traba, Silvia Pérez, Cristina Louzán, Mónica Baleirón e Lola Varela guiarán esta actividade de 50 horas, 40 de formación presencial e 10 de traballo práctico orientado, coordinado e avaliado. Canteira de Igualdade complementa a formación que a Deputación xa ten desenvolvido en institutos de Baiona, Cangas, O Grove, As Neves, Redondela, Salvaterra e Vigo no último trimestre de 2022 e na que participaron máis de 400 mozas e mozos da provincia.

Carmela Silva aplaudiu a iniciativa e ás súas autoras, as mulleres que van desenvolver a formación, “unha extraordinaria idea que é tamén un berro de sororidade da metade do mundo, un programa ben pensado e que xurde do feminismo, o proxecto filosófico más potente nunca creado porque pretende que toda a sociedade teña igualdade para que elas poidan construír a súa vida sen ten que rachar cun montón de dificultades para acadar aquelo que nos corresponde que é a metade de todo”. A presidenta agradeceu por elo ao profesorado a creación destes espazos interxeneracionais e “temos que facer un recoñecemento especial ao mundo da educación cun compromiso tan forte coa igualdade como o teñen ás mulleres que están aquí hoxe”.

Carmela Silva subliñou tamén a presenza de rapaces nesta formación. “Encántame porque vos necesitamos, que os nenos se sumen a esta loita pola igualdade”, e animou ás mozas. “Somos herdeiras doutras mulleres que loitaron por esta causa e ver a xente tan nova aquí dá moita esperanza”, engadeu. “Todas e todos tiñamos estereotipos pola educación que recibimos pero temos que reeducarnos con formación, con educación, con compromiso, amais de escoitar ás que saben como son as mulleres que van guiar esta actividade, con intelixencia e con coñecemento”.

Na formación destas semanas, mozas e mozos tamén falarán de socialización diferencial, coidados, dependencia e submisión, feminidade tradicional, masculinidade hexemónica e masculinidades alternativas, división sexual do traballo, corresponsabilidade, sexualidade, corpo e tiranía da beleza, pracer feminino e desexo, diversidade, amor, uso consciente das redes sociais, ciberdelitos, relacións virtuais, abuso na rede, pornografía, prostitución, mito da libre elección e feminismo e a súa historia como motor de transformación. Todo elo enmarcado en módulos con títulos tan chamativos como“Nin barbies, nin malotes”, A división sexual do traballo”, “Sex education: o corpo e a sexualidade”, “Paracetamor para benamar: a división sexual do amor”, “Redes sociais”, “O lado máis escuro: cultura da violación, pornografía e prostitución” e “Historia do feminismo”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas