HomePontevedraBaixo MiñoCharla sobre dano cerebral adquirido o 11 de xuño nas Escolas de...

Charla sobre dano cerebral adquirido o 11 de xuño nas Escolas de Loureza

- Anuncio -spot_img

O edificio das Escolas de Loureza acollerá, o próximo 11 de xuño de 16.30 a 18.00 horas, unha charla informativa gratuíta sobre o dano cerebral adquirido.

Esta actividade está organizada pola entidade Dano Cerebral Galicia coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Oia e nela se explicarán as causas do dano cerebral adquirido (ictus, traumatismos cranioencefálicos, etc.), as súas secuelas e os recursos para a atención destes casos.

As persoas interesadas en asistir a esta charla, que é gratuíta, poden inscribirse nos teléfonos 626335038 e 659474819 (Asociación de Mulleres Rurais de Oia).

Publicacións Relacionadas