Chega a Soutomaior o programa Dálle a volta á Biblioteca

adminON
Lectura mínima de 2

Este programa ten como fin poñer en valor dúas datas referentes para a Biblioteca tal e como son o Día das Escritoras, que se conmemora o 14 de outubro, e o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 deste mes.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas e a bibliotecaria da Biblioteca Municipal Luís Seoane, Patricia R. Saavedra presentaron nesta xornada Dálle a volta á Biblioteca! , un proxecto que nace para conmemorar dúas datas referentes para a Biblioteca Municipal ‘Luís Seoane’ de Soutomaior.

Por unha banda, o 14 de outubro, Día das Escritoras que se conmemora o luns máis próximo ao 15 de outubro, en lembranza da data de falecemento de Tareixa de Ávila. E, por outra banda, o Día das Bibliotecas que se celebra o 24 de outubro baixo o lema ‘Aptas para todos os públicos’.

Soutomaior pon en marcha varias actividades dirixidas a todos os públicos que se desenvolverán de balde na Biblioteca. Así, para visibilizar as obras das escritoras galegas, o programa comeza coa escolla do libro ‘As puntas da louza’ da nosa veciña Lorena Conde (Premio de Poesía Cidade de Ourense 2021), que forma parte da colección ‘Fina Rei’ de poesía femenina, e que homenaxea ás mans que traballan e ás que traballan coas mans. O luns 14 de outubro convidámosvos á performance poético musical que se levará a escena partindo dos textos do seu poemario.

Continuamos o mércores 14 de outubro coa peza Galicia coa maxia de Pedro Bugarín dirixida ao público infantil e continuamos celebrando o día das bibliotecas con máis propostas coas que gozar da biblioteca municipal dun xeito diferente, como son as visitas teatralizadas con María Moliner e a xornada de xogos de mesa cos que descubrir o variado catálogo cio que contamos para divertirvos, exercitar a concentración, a memoria e a imaxinación.

Comparte este artigo