HomePontevedraPontevedraChega a XII Milla Solidaria Anedia, deporte, solidariedade e convivencia para dar...

Chega a XII Milla Solidaria Anedia, deporte, solidariedade e convivencia para dar visibilidade a diabetes tipo 1

- Anuncio -spot_img

A cita é o vindeiro domingo 9 de novembro, a partir das 10.30 horas no CGTD e inclúe probas populares para todas as idades e probas oficiais con deportistas federados para os máis de 300 inscritos. Anabel Gulías: “Eventos como esta Milla son socialmente pedagóxicos, porque para calquera cunha doenza ou enfermidade o deporte controlado é un aliciente e, ao tempo, da visibilidade as persoas que teñen unhas condicións diferentes”.

A Milla é parte das actividades do Día Mundial da Diabetes 2025 (14-N), que Anedia desenvolverá ao longo de novembro en diferentes cidades galegas baixo o lema “Vivir con Diabetes”

A pista do CGTD (Centro galego de tecnificación deportiva) acollerá o vindeiro domingo 9 de novembro, a partir das 10.30 horas, a XII Milla Solidaria Anedia Móvete pola Diabetes, unha cita que une deporte, solidariedade e convivencia co fin de visibilizar e normalizar a diabetes tipo 1, avanzar no coñecemento da enfermidade e dar apoio as crianzas e mozas e mozos que conviven co mal e as súas familia.

Malia que o prazo de inscrición pecha esta noite, son xa máis de 300 os participantes confirmados.
Haberá probas populares para todas as idades e probas oficiais con deportistas federados e percorridos específicos para nenos e nenas dende a categoría sub-6 ata probas de 500 e 1.000 metros E tamén hai un dorsal 0 (cun custo de 5 euros), de carácter solidario.

A concelleira de Deportes e de Benestar Social, Anabel Gulías, presentou hoxe a Milla Anedia e animou á participación no evento deportivo, ben como atleta ou como espectador/a. Ao seu carón estaba a presidenta da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia-Anedia, Mari Rego e Gonzalo Méndez, do Atletismo Rías Baixas, o club responsable técnico da proba.
“Eventos como esta Milla son socialmente pedagóxicos, porque para calquera cunha doenza ou enfermidade o deporte controlado, ben pensado, é un aliciente e, ao tempo dá visibilidade ás persoas que teñen unhas condicións diferentes”, sinalou Anabel Gulías.

A Milla forma parte do programa de actividades do Día Mundial da Diabetes 2025 que Anedia desenvolverá ao longo de novembro en diferentes cidades galegas baixo o lema “Vivir con Diabetes”, un chamamento a comprender e visibilizar o que significa convivir cada día cunha enfermidade que require atención e xestión constante.

“O lema Vivir con diabetes é un convite á reflexión, nesta ocasión, de como viven as persoas
diabéticas que traballan” apuntou a presidenta de Anedia, Mari Rego. A asociación foi creada no ano 2012 da man dun grupo de pais e nais de Pontevedra con crianzas con diabetes tipo 1
Pola súa banda Gonzalo Méndez non dubidou e cualificar a Milla-Móvete pola diabetes como “unha festa”, como unha proba “90% popular” na que caben todos: nenas e nenos, mozos e mozas, adultos e seniors. Unha cita deportiva na que tamén haberá probas oficiais para atletas federados e de deporte adoptado.

Publicacións Relacionadas