Home Pontevedra Baixo Miño Cincuenta parellas compiten este domingo no VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile...

Cincuenta parellas compiten este domingo no VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo

- Anuncio -

Celebrarase de 11.30 a 19 h no Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez”

O Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez” de Tui acolle este domingo o VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo. A competición está organizada polo Club de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença. Será amais Campionato Galego de Danza Coreográfica e é puntuable para o Circuíto Nacional da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD).

50 parellas de Galicia, Portugal e doutras comunidades competirán este domingo a partir das 11:30 h e até as 19.00 horas nas modalidades Standard (Valse Inglés, Tango, Valse Vienés, Slow Fox e Quickstep) e Latinos (Samba, Cha-cha, Rumba, Pasodobre e Jive).
Haberá distintas modalidades en función da idade dos participantes: Xuvenil (menos de 12 anos), Júnior (12 a 15 anos), Youth (16 a 18 anos), Adulto (máis de 18), Sénior (máis de 35 anos).

Mentres dende as 16.00 horas celebrarase o Campionato Galego de Danza Coreográfica (Baile Deportivo en Grupo) onde competirán 20 grupos de toda Galicia. En total serán 160 competidores na modalidade grupal.

O Baile Deportivo é un espectáculo de gran vistosidade para o público. Está regulado en España pola FEBD (Federación Española de Baile Deportivo) e está recoñecido como modalidade deportiva polo CSD e tamén en Galicia pola Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia.

As entradas teñen un prezo de 7 € (5 € maiores de 65 anos, nenos menores de 12 anos gratis).

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas