HomePontevedraBaixo MiñoCita co teatro este sábado en Torroña coa comedia “Onde Andará”

Cita co teatro este sábado en Torroña coa comedia “Onde Andará”

- Anuncio -spot_img

Este sábado 3 de maio Oia terá unha nova cita co teatro, neste caso coa obra “Onde Andará”, do grupo local “As Dez Patas do Banco”. A actuación terá lugar ás 20.00 horas no edificio das antigas escolas de Torroña, situado ao carón da capela do Rosario.

Coa súa obra “Onde Andará”, o grupo de teatro afeccionado de Pedornes “As Dez Patas do Banco” presenta unha orixinal proposta que, enmarcada no xénero da comedia, divertirá ao público de todas as idades.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Publicacións Relacionadas