O evento foi presentado en cabo Silleiro, lugar onde se desenvolverá a proba e onde se esperan máis de 65 deportistas divididos en categoría Feminina, Senior, Veteranos e SUB-23, de federacións como a Madrileña, Cántabra, Asturiana e Galega e será puntuable para a copa Galicia.
Esta edición contará coa participación de deportistas experimentados no mundo subacuático como son a campioa Nacional Soraya Hermida, a excampioa Galega Sandra Osorio, Antonio González e Víctor Narduzzi, tamén campión e subcampión de Galicia ou Manuel Otero entre outros.
A pesada das capturas realizarase no recinto do xogo de Birlos Celta de Baredo ao redor das 17:30 da tarde do sábado, e a entrega de premios realizarase seguidamente no mesmo lugar.
As capturas que se realicen na proba serán doadas á ONG “Axuda ao mundo necesitado” do propio municipio.
Desde o Concello de Baiona valórase este evento con satisfacción, dada a gran afección a este deporte na Villa, o evento está organizado polo club Pérez Sub coa colaboración do Concello de Baiona e o apoio do Monte Real Club de Iates e a Confraría de pescadores.