Comezan as actividades de tai chi ao aire libre

adminON
Lectura mínima de 2
  • O Concello convida á veciñanza a gozar dos beneficios da práctica do tai chi nunha actividade ao aire libre e gratuíta. As clases, para as que non se precisa inscrición previa, desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en Chapela e Redondela.

Durante os meses de xullo e agosto, veciñas e veciños terán a oportunidade practicar o tai chi e gozar dos beneficios desta práctica milenaria que está demostrado que ofrece relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente. A actividade desenvolverase durante os luns e mércores en Chapela, no exterior do Multiúsos do Piñeiral do Crego, e os martes e xoves na Alameda Castelao de Redondela. As clases serán en horario de 9:30 a 10:30 horas.
As clases de tai chi, que son totalmente gratuítas, están abertas a todas as persoas que desexen participar polo que non será precisa inscrición previa. Basta presentarse os días das clases con roupa e calzado cómodo e comezar a gozar dos múltiples beneficios destes exercicios de orixe chinesa. Esta práctica deportiva, de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite. A práctica do tai chi realizase de pé. Os brazos úsanse para realizar movementos que van desde simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Ademais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Tamén axudan a diminuír a frecuencia cardíaca e melloran a circulación. Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a memoria e os niveis de hipertensión arterial.

Comparte este artigo