HomePontevedraO CondadoComezan as obras de mellora do Campo de Fútbol Sporting San Mateo...

Comezan as obras de mellora do Campo de Fútbol Sporting San Mateo do concello de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas resolve unha petición histórica e inicia as obras de mellora do campo de fútbol do Sporting Club San Mateo que contan co apoio da Deputación de Pontevedra.

No día de hoxe asinouse a acta de replanteo, trámite co que se inicia a execución das obras. A alcaldesa Nava Castro e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, acompañados do concelleiro de Deportes, Nicolás Rodríguez, mantiveron un encontro a pé de campo cos técnicos responsables das obras e membros da directiva do Club.

A intervención, que suporá un custo total de 374.706,75 €, permitirá o cambio a céspede sintético para que o equipo adestre e xogue nun campo máis moderno, eficiente e resistente. Na actualidade o Sporting Club San Mateo ten 85 fichas e compite en segunda autonómica permitindo a práctica deportiva de nenas e mozas dende a categoría prebenxamín, que ofrecerán por vez primeira na seguinte tempada, ata a categoria sénior.

“Fomos quen de conseguir o apoio da Real Federación Galega de Fútbol, que financiou o proxecto técnico, e tamén fomos capaces de atopar os fondos para facer realidade unha petición que levaba nun caixón moitos anos. Hoxe comezan as obras e agardamos que o novo campo estea á altura das xogadoras e que nel acaden moitas vitorias”, explicou o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González.

O Sporting Club San Mateo, club de fútbol decano en Galicia, é un exemplo de apoio ao deporte feminino, así salientou a alcaldesa Nava Castro, na visita ao campo de fútbol. “Hoxe é un día de satisfacción porque facemos xustiza cun club que merece todo o apoio e que ao longo dos anos foi exemplo pola súa aposta polo deporte feminino contribuíndo a mellorar a nosa sociedade”.

Publicacións Relacionadas