Concesión de Subvención para a Instalación de Pavimento Deportivo no Pavillón Municipal

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de As Neves comprácese en  anunciar a recente concesión dunha subvención dentro do Plan  Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra  (Expediente 2024017365), destinada á instalación dun novo pavimento  deportivo no Pavillón Municipal. 

Este novo chan cumpre cos estándares máis esixentes para a práctica do  deporte, asegurando que tanto os adestramentos como os partidos oficiais se  realicen en condicións óptimas. A instalación deste pavimento ten como  obxectivo principal evitar lesións e proporcionar un entorno seguro e  adecuado para todos os deportistas. 

Recoméndase a todos os usuarios seguir estritamente as indicacións de uso  do novo pavimento para garantir a súa durabilidade e manter a seguridade  durante as actividades deportivas. 

Con este novo pavimento, o Pavillón Municipal de As Neves reforza o seu  compromiso co deporte de calidade e posiciónase como unha infraestrutura de  referencia na comarca.

Comparte este artigo