Home Pontevedra A Paradanta Covelo da a benvida ás primeiras alumnas en prácticas do Campus Rural...

Covelo da a benvida ás primeiras alumnas en prácticas do Campus Rural da UVigo

- Anuncio -

Tres estudantes da Universidade de Vigo comezan as súas prácticas de dereito, traballo social e turismo no marco da iniciativa Campus Rural

O alcalde en funcións de Covelo, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación en funcións, Lourdes Enes, recibiron ás tres alumnas da Universidade de Vigo que realizarán as súas prácticas no Concello.

Alba Carrín Méndez, Laura García González e Nerea Rodríguez Figueroa son as mozas que completarán a súa formación mediante a realización de prácticas académicas externas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural. As tres elixiron Covelo polas tarefas laborais que ofertaba o Concello. Así, Alba Carrín apoiará o traballo da asistenta social para rematar o seu grao de Traballo Social; Lara as de promoción turística para completar o seu dobre grao de Turismo, Historia e Xeografía e Nerea as de administración, dereito, urbanismo e rexistro civil como colofón aos seus estudos do grao de Dereito.

Ao longo destes tres meses desenvolverán o seu traballo no Concello de Covelo e tamén serán veciñas do mesmo xa que as prácticas requerían o compromiso de residir no mesmo. Chegadas doutros concellos e doutras provincias, ningunha das tres coñecía a beleza natural e a riqueza patrimonial de Covelo pero foi algo decisivo á hora de seleccionar este rincón da Paradanta para completar a súa formación.

O Campus Rural é unha iniciativa do Ministerío para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que o goberno local non dubidou en solicitar “xa que non só dan apoio ao traballo do persoal municipal con profesionais formados se non que promove entre a mocidade o noso concello”, explica Pablo Castillo.

A procura dun fogar para vivir estes tres meses non foi doada pero as tres aseguran que contaron co apoio do Concello e manifestan estar contentas coa súa nova residencia temporal. Seguirán estudando para poder quedar en Galicia e desenvolverse profesionalmente na súa terra, quen sabe si Covelo volverá estar presente na súa traxectoria laboral pero, polo de agora, será aquí onde contribúan cos seus coñecementos.

Ámbalas tres poden dicir que estudaron aquelo polo que sentían vocación, agora Covelo ofrécelles unha toma de contacto co traballo diario, co real, aquel no que teñen que aplicar os apuntamentos teóricos.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas