Home Pontevedra Caldas Cuntis levará ao vindeiro pleno a nova ordenanza reguladora para o ...

Cuntis levará ao vindeiro pleno a nova ordenanza reguladora para o Servizo Municipal de Emerxencias

- Anuncio -

As taxas a aplicar terán en conta factores como o número de efectivos que actúan nas intervencións, o material empregado, o tempo invertido ou se se producen dentro do termo municipal ou noutros concellos  

O alcalde, Manuel Campos, sinala que as cotas non se aplicarán a aquelas persoas que se atopen en risco de exclusión ou sen recursos económicos 

O Concello de Cuntis aspira a contar contar proximamente cunha nova ordenanza fiscal reguladora para o Servizo Municipal de Emerxencias. Trátase dun regulamento que establece unha serie de taxas, en función da prestación que leven a cabo os e as profesionais que forman parte deste corpo de seguridade, e que tamén variarán tendo en conta o número de efectivos, a duración da actuación ou o material empregado, entre outros factores. Así o confirmou este martes o alcalde, Manuel Campos, que adiantou que a proposta, logo do seu paso pola Comisión Informativa, someterase a votación no vindeiro Pleno para a súa aprobación inicial. Posteriormente, abrirase un período de 30 días hábiles para a presentación de alegacións. No caso de que nese prazo non se rexistre ningunha alegación quedará aprobada de xeito definitivo. 

A proposta da ordenanza impúlsase tendo en conta os informes técnicos de departamentos como Tesourería, que ven necesaria a implantación deste regulamento fiscal pola prestación do servizo. O documento consta de nove artigos e unha disposición final, na que se especifican as taxas a aplicar en casos de operativos de salvamento, traballos de prevención e extinción de incendios, derrubes ouo accidentes. As cotas varían tendo en conta diferentes factores, e poden ir desde os 25 aos 65 euros por hora e fracción. Ademais, estas contías tamén cambian se as actuacións se levan a cabo en Cuntis ou fóra do termo municipal. O cobro pola apertura de portas será de 90 euros e a captura de animais, de 120. 

Manuel Campos incide na necesidade de aprobar esta taxa, de maneira que se poida regular de maneira axeitada a xestión e o traballo que desenevolve o Servizo Municipal de Emerxencias. Ademais, o alcalde salienta que a ordenanza contempla unha serie de situacións e casos nos que non se aplicará ningunha taxa. Estas exencións faranse efectivas atendendo a razóns humanitarias ou carencia de recursos, de xeito que se verán beneficiadas persoas que se atopen en risco de exclusión ou que non dispoña de recursos económicos. Ademais, tampouco haberá taxas para aqueles servizos que se desenvolvan en beneficio da veciñanza en xeral ou ben en caso de catástrofe ou calamidade pública oficialmente declarada. As solicitudes para conseguir estas exencións poderanse tramitar no Concello no prazo dun mes despois da incidencia. 

Campos Velay puxo en valor, unha vez máis, “a gran profesionalidade e o traballo que leva a cabo o persoal de Emerxencias e os voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Cuntis”. Cómpre lembrar que só durante o ano 2023 o corpo de seguridade interviu en máis de medio milleiro de actuacións, sumando as realizadas dentro do termo municipal como noutros concellos da contorna. Boa parte destas intervencións corresponderon a accidentes de tráficos, se ben tamén se procedeu a colaborar en operativos de seguridade ou na retirada de elementos perigosos das estradas, así como a recollida de animais abandoados.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas