O alcalde aproveitou a xuntanza para reclamar unha marquesiña e varios espellos que se ubicarían na PO-241
O alcalde da Lama, David Carrera, e a xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta en Pontevedra, María Martínez Allegue, analizaron a situación actual do transporte público no municipio e exploraron vías de mellora na conectividade e no servizo para os usuarios.
No transcurso da xuntanza, que tivo lugar na Casa Consistorial da Lama, o alcalde demandou da Xunta una mellor sinalización das paradas, optimización do seu servizo e tamén a cesión por parte da administración autónomica dunha marquesiña así como varios espellos para solucionar problemas de seguridade vial na estrada autonómica PO-241.
Entre outros temas abordados, o alcalde e a xefa territorial abordaron tamén o servizo baixo demanda, a mellora do transporte escolar e a conectividade de A Lama coas dúas grandes cidades da provincia, é dicir, con Pontevedra e Vigo.
Despois deste primeiro contacto, tanto David Carrera como María Martínez cualificaron da xuntanza de moi proveitosa e sinalaron que “contribuirá a mellorar o servizo do transporte público no municipio así como para optimizar os recursos dos que se dispoñen para que a veciñanza teña maior capacidade de mobilidade”.
Antes de rematar a xuntanza, ámbolos dous interlocutores coincidiron na necesidade de seguir prodigando este tipo de xuntanzas entre as dúas administracións para seguir avanzando na mellora do transporte público no rural da provincia.