Home Pontevedra Deza De 40 festas galegas de interese turístico ao apoio a Ucraína pasando...

De 40 festas galegas de interese turístico ao apoio a Ucraína pasando por multitude de propostas, en Festur e Turexpo Galicia

- Anuncio -

• ESTOS DOUS CERTAMES CELEBRARANSE CONXUNTAMENTE E DE FORMA PARALELA Á FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DO 8 AO 11 DE XUÑO

• CONTARÁN CUN ESPACIO NO QUE ESTARÁN PRESENTES DOUS REPRESENTANTES DO CONCELLO DE KIEV E ONDE OS VISITANTES PODERÁN FIRMAR NUN PANEL PARA AMOSAR A SÚA SOLIDARIDADE AO POBLO UCRANIANO

O XII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, e a IX Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, celebraranse conxuntamente e de forma paralela á 45ª Abanca Semana Verde de Galicia do 8 ao 11 de xuño.

A súa área expositiva contará con multitude de propostas tanto de España como de destinos internacionais, entre os que destacan os portugueses, pero entre os que tamén figuran empresas de lugares como Nepal.

Entre todas elas ocupan un lugar destacado as festas de interese turístico de Galicia, reunidas en Festur, unha cita que conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia e que mostrará 40 celebracións das catro provincias galegas. Estas, con recoñecemento de carácter internacional, nacional ou de Galicia, celébranse en 31 concellos, os cales participan na área expositiva de forma individual ou a través de agrupacións. Ademais, algunhas delas levan a cabo distintas actividades durante o certame, como degustacións e exhibicións, en función do seu carácter.

Están presentes, con vistoso material e, nalgúns casos con actividades nos seus stands, A Rapa das Bestas e a Festa do Salmón de A Estrada; Festa do Queixo, de Arzúa; Festa da Filloa de Lestedo e Entroido dos Xenerais do Ulla, de Boqueixón;; Festa da Castaña e Filandón de Músicas de Folgoso, do Courel; Feira do Cocido, de Lalín; O Naufraxio, de Laxe; Festa do Melindre e da Respostería Tradicional, de Melide; As San Lucas, Semana Santa e Mercado Medieval, de Mondoñedo; Xuntanza Internacional de Gaiteros, de Monterrei; Feira de Santos de Monterroso; Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira; Festa do Pemento de Herbón e Festa da Pascua, de Padrón; Festa do Percebe do Roncudo, de Ponteceso; Mostra do Aceite de Quiroga; Romaría da Saínza de Rairiz de Veiga; Xenerais do Ulla, de Silleda; Xenerais do Ulla de Vedra; Festa da Pescada do Pincho de Celeiro e Semana Santa de Viveiro; Festa do Pemento de A Arnoia; Festa da Istoria e Feira-Exposición de Exaltación do Viño da Zona do Ribeiro, de Ribadavia; a Festa do Polbo de O Carballiño; Festa da Troita de A Pontenova; Folión de Carros de Chantada; Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, de Muros; Festa do Viño de Amandi, de Sober, e Asaldo ao Castelao e Festa da Faguía do Carnés, de Vimianzo.

Tamén se promocionan as festas do Pan de Cea, de San Cristovo de Cea; Galo de Curral, de Vila de Cruces; Bonito de Burela, Carneiro ao Espeto de Moraña; e Festa da Empanada de Bandeira e da Tortilla de Laro, de Silleda, realizando todas elas degustacións en distintos momentos da feira. Ademais, está presente a Mostra do Encaixe de Palillos, de Camariñas, a cal realiza demostracións coa presenza de palilleiras.

Axencia para o Desenvolvemento Turístico de Ucraína

Nesta edición de Turexpo Galicia e Festur destacará a presenza da Axencia para o Desenvolvemento Turístico de Ucraína (SATD) a través de dous representantes do concello de Kiev, Krasiuk Sofiia, especialista municipal en recursos humanos, e Kovalchuk Roman, xefa da división de actividades turísticas do Departamento de Turismo e Promoción.

Estarán presente nun espazo cedido pola feira, destinado principalmente a que os visitantes poidan mostrar a súa solidariedade ao país. Para iso, haberá un panel no que se poderá asinar para mostrarlles o seu apoio, o cal levarán a Ucraína.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas