Home Pontevedra A Paradanta Despois de corenta anos volve o fotógrafo minuteiro á praza de Covelo

Despois de corenta anos volve o fotógrafo minuteiro á praza de Covelo

- Anuncio -

O sábado 7 de maio, nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo na praza Mestre Cerviño

O fotógrafo Ángel Borrué trasladaranos no tempo e recuperará o esplendor das exitosas cámaras minuteiras inventadas a finais do século XIX, ven e faite unha foto

Este sábado 7 de maio e despois de máis de corenta anos, volve o fotógrafo minuteiro á praza Mestre Cerviño. O fotógrafo, artista, profesor e veciño de Covelo, Ángel Borrué, homenaxeará ao pai deste máxico invento, o fotógrafo barcelonés Juan Cantó y Mas, e retratará ás xentes e visitantes de Covelo que pasen este sábado pola Mostra de Produtos.

Como cada primeiro sábado de mes, Covelo celebrará a súa feira de produtos ecolóxicos e de proximidade e nela daranse cita produtores e vendedores de toda a comarca. Produtos téxtiles, macramé, artesanía, decoración, cestería, cosmética natural, xoiería, horta ecolóxica, pan artesán, maquetería, libros, prantas, xoguetes, cerámica e un longo etc de xéneros dispostos a atraer e satisfacer aos visitantes.

Trasladámonos a finais do século XIX
A novidade deste sábado vén da man de María e Ángel que, ademais do seu posto de libros, ofrecerán a oportunidade única de fotografarse ao estilo do século XIX. O 12 de novembro de 1887 Juan Cantó y Mas, fotógrafo de Barcelona e fillo do tamén fotógrafo Juan Cantó y Esclús, patentaba o primeiro aparello de fotografía automática co nome de Báscula fotográfica automática, precedente do Photomaton. Foi o primeiro no mundo en idear un automatismo fotográfico que funcionaba mediante a introdución dunhas moedas e sería a primeira vez que se integra unha máquina, a cámara e o laboratorio fotográfico.

Daquela era unha moeda de dez céntimos a que accionaba o aparello fotográfico nos lugares turísticos, hoxe Ángel recupera este oficio tradicional case extinguido dende os anos 70 para amosalo en Covelo

Ademais, nesta edición volverán os obradoiros para os máis pequenos e pequenas da casa e o domingo os roteiros guiados con Julio Eiroa que, nesta ocasión, chegará á Poza Piñeiro. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse no número de teléfono 654 500 652.

A Mostra de Produtos de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra e celébrase de xeito estable cada primeiro sábado de mes posibilitando un espazo de feira no que tamén se pode degustar a gastronomía local e logo partir para percorrer as múltiples rutas de sendeirismo e descansar nas casas e hoteis rurais que ofrece Covelo.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas