Na tarde do pasado domingo, a Policía Local detivo a un home de 38 anos por un delito de violencia de xénero contra a súa parella.
Os axentes foron advertidos pola nai da vítima que chamou á central de comunicacións alertando de que a súa filla estaba a ser agredida pola súa parella.
Cando chegou á Policía ao domicilio familiar, no interior da vivenda só se atopaba o home, pois a muller tiña abandonado o lugar. Foi localizada minutos despois por unha patrulla nas inmediacións da residencia.
Polas manifestacións de todas as partes e polos indicios observados, os axentes concluíron que os feitos se iniciaron cando a muller quixo coller en brazos á súa filla menor. Nese momento comezou unha discusión coa parella que rematou o home dándolle unha patada na perna á muller e insultándoa de xeito despectivo.
O home foi detido, a filla quedou ao coidado dun familiar e a vítima foi traslada a un centro hospitalario para ser atendida das lesións físicas e psíquicas.