Domínguez comparte a “decepción” co resultado das obras da Santiña e comprométese a emendalas cando sexa alcalde

Redacción

• O Partido Popular acode á chamada dos veciños que se queixan polas graves dificultades de accesibilidade, ausencia de roza nas gabias, necesidade de zonas de sombra ou os riscos evidentes para a seguridade viaria debido á proximidade do tráfico ás vivendas

• O líder do PP asegura que a rúa “merece unha actuación que combine accesibilidade, seguridade, mantemento e reforzo da identidade histórica e cultural, como parte dunha dos roteiros xacobeos máis transitadas do Camino de Santiago”

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou de novo a rúa A Santiña, alertado polas queixas dos veciños, ante as numerosas deficiencias que presenta a reforma urbanística realizada polo Goberno local do BNG, despois dunha longa espera para a súa execución.

Acompañado polo concelleiro Martín Martínez, Domínguez mantivo un encontro con residentes de Lérez para escoitar as súas demandas e coñecer de primeira man os principais problemas da parroquia e, especialmente, a “decepción” que moitos senten polo resultado final das obras da Santiña, que provocou graves dificultades de tránsito, tanto para peóns como para vehículos.

O líder do PP de Pontevedra realizou unha listaxe coas principais preocupacións dos afectados: “a obra presenta graves dificultades de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, ausencia de roza e mantemento, riscos para a seguridade viaria dos peóns debido á proximidade do tráfico aos portais das vivendas, a altura dos farois que dificultan o paso de vehículos de emerxencias, a estreiteza para realizar algúns xiros ao volante, a ausencia de zonas de sombra nos espazos de descanso e o estado das gabias, afectadas pola acumulación de vexetación”.

O dirixente popular comprometeuse a emendar todos os danos se o PP goberna en Pontevedra, tras as eleccións municipais de maio de 2027, e garantiu o seu absoluto compromiso por unha accesibilidade plena en todo o tramo peonalizado. Ademais, insistiu na importancia de dotar á rúa duns estándares de calidade acordes ás necesidades que os veciños puxeron sobre a mesa en numerosas ocasións.

Doutra banda, Domínguez defendeu a necesidade de reforzar a identidade histórica e cultural da Santiña, unha vía estreitamente vinculada ao Camino Portugués a Santiago. Neste sentido, aposta por poñer en valor este tramo urbano que forma parte dunha dos roteiros xacobeos máis transitadas, mellorando tanto a súa imaxe como os elementos que contribúan a destacar a súa relevancia patrimonial e turística.

“A Santiña merecía unha actuación que combinase accesibilidade, seguridade, mantemento e respecto pola súa historia. É unha rúa cunha importancia especial dentro do Camino Portugués e debe converterse nun espazo atractivo tanto para os veciños como para os miles de peregrinos que a percorren cada ano”, concluíu o dirixente popular.

Comparte este artigo