Home Pontevedra Domínguez congratúlase de que a UVigo aposte por reconverter o Hospital Provincial...

Domínguez congratúlase de que a UVigo aposte por reconverter o Hospital Provincial nun edificio universitario e traer novos graos á cidade

- Anuncio -

• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantén que a cidade se pode ver “moi beneficiada polo noso proxecto, que xa foi ratificado pola Universidade e pola Xunta”

• O popular entende que a proposta encaixa perfectamente cos plans de futuro que a Universidade de Vigo ten na cidade e atraería novos graos universitario e mesmo unha residencia de estudantes

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, quixo valorar a resposta da Universidade de Vigo tras a proposta dos populares de que o Hospital Provincial destínese a usos universitarios. “O investimento da Xunta no Gran Montecelo vai supoñer que a instalación triplique o seu espazo, polo que a actividade sanitaria do Hospital Provincial levará alí. Isto resulta en que teremos un edificio de 30.000 metros cadrados en pleno centro sen ningún uso, por propuxemos que se lle conceda un fin universitario”, explicou o popular.

“Congratúlame moitísimo que o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, diga que lle gusta moitísimo a idea. Pero é que, ademais, confirmou que se poden ampliar os graos xa existentes e traer novas titulacións”, dixo o popular, que incidiu no “tremendo beneficio non só para a zona, senón tamén para toda a cidade”.

“Todo o mundo sabe o positivo de crear polos de atracción á cidade, neste caso, universitario. Virán estudantes e as súas familias de visita. Temos que ter en conta o buraco que deixará a marcha do Hospital Provincial”, contextualizou o popular. “Pido aos rivais políticos que pensen máis en Pontevedra e deixen esa critica política contra unha proposta que beneficia a todos”, rematou.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas