HomePontevedraPontevedraDomínguez e Juncal abordan cos clubs deportivos de Pontevedra a escaseza de...

Domínguez e Juncal abordan cos clubs deportivos de Pontevedra a escaseza de pavillóns municipais

- Anuncio -spot_img
  • O líder do PP agradece a asistencia do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro, Club Baloncesto Arxil, Club Rodeiras Patinaxe Artística, Club Bádminton Ravachol, Club Ximnasia Pontevedra, Club Cisne, Sociedad Deportiva Teucro, Club Baloncesto Estudiantes, Stellae Leis FS, Club Taekwondo Tarkanart
  • Juncal: “Ante o modelo improvisado do BNG de costas ao deporte de base; o PP ofrece unha alternativa de planificación obxectiva, reparto equitativo e aberta á participación dos representantes dos que máis saben: os propios clubs”

O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o concelleiro Guille Juncal recibiron na sede da formación ao representantes dos clubs deportivos de Pontevedra, que desenvolven a súa actividade nos diferentes pavillóns da cidade, para poñer en común dúas cuestións fundamentais: a situación de precariedade en canto á escaseza de horas e espazo dispoñible, así como a falta de mantemento das instalacións; e adiantar as liñas mestras do ambicioso plan do PP para dotar á cidade das mellores instalacións deportivas municipais.

“Rafa máis eu coincidimos con eles no mesmo diagnóstico: os pavillóns están saturados, en mal estado e non permiten un desenvolvemento adecuado da actividade deportiva”, sinalou Juncal despois da reunión. Ante o modelo improvisado do BNG de costas ao deporte de base; o PP ofrece unha alternativa de planificación obxectiva, reparto equitativo das horas e os espazos de adestramento e aberta á participación dos representantes dos que máis saben: os propios clubs.

Durante o encontro, Domínguez e Juncal mantiveron a súa aposta pola construción dun novo pavillón en Monte Porreiro cun plan de usos aberto a todas as disciplinas deportivas. “O deporte local precisa pavillóns polideportivos, baseado na estreita colaboración e nas necesidades reais dos clubs da cidade”, engadiu antes de reclamar ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que cumpra a súa promesa de construír o pavillón da Parda, “unha promesa electoral que repite cada catro anos, dende hai dúas décadas, e que continúa sen resposta”.

Os populares agradeceron á asistencia do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro, Club Baloncesto Arxil, Club Rodeiras Patinaxe Artística, Club Bádminton Ravachol, Club Ximnasia Pontevedra, Club Cisne, Sociedad Deportiva Teucro, Club Baloncesto Estudiantes, Stellae Leis FS, Club Taekwondo Taekanart.

“Pontevedra merece máis e mellores instalacións deportivas. Os clubs e deportistas merecen poder adestrar e competir en boas condicións, e para iso é imprescindible un goberno local que cumpra as súas promesas”, concluíu.

Publicacións Relacionadas