(en)Volve inicia a recollida de agasallos e mantén aberta a porta a novos “cómplices” dos Reis Magos

adminON
Lectura mínima de 3

Os “cómplices” poden entregar os agasallos na Casa Azul de luns a venres, en horario de 9.30 a 13.30 horas  ou de 16.30 a 18.30 e o 2 de xaneiro comezará a entrega ás familias para que o día 6 cheguen as mans dos  seus destinatarios  

A Concellería de Benestar Social activou a principio de mes o programa municipal (en)Volve co obxectivo, un ano máis, de que ningún neno, nena ou adolescente de Pontevedra en situación ou  en risco de exclusión social quede sen o seu agasallo de Nadal. Os “cómplices” dos Reis Magos xa  comezaron a deixar os seus paquetes, perfectamente identificados, na Casa Azul. Teñen ata fin de  ano para facer a entrega, xa que o 2 de xaneiro comezará o reparto ás familias co fin de que o día  6 cheguen as mans dos seus destinatarios.  

Malia os poucos días que quedan e ao convencemento de que a demanda se cubrirá  cumpridamente, mantense a porta aberta a incorporación de novos “cómplices” cos que elaborar  tamén unha listaxe de agarda á que recorrer en previsión de incidencias de última hora que  puidesen deixar a algun neno ou nena sen a “visita” dos Reis.  

Como outros anos, o perfil dos “cómplices” é moi variado. Hai homes, mulleres e familias; xente  nova, adultos e maiores da terceira e cuarta idade; pontevedreses e pontevedresas —tamén dos  que viven fóra e volven a casa por Nadal- e veciñas/os dos concellos derredor que botan en falta  unha iniciativa parecida nos seus municipios; persoas que agasallan a máis dun neno ou nena o  amigos que se unen para responder a unha petición. Porén todas e todos eles comparten trazos  como a xenerosidade e solidariedade e a aposta pola inclusión.  

As persoas interesadas en sumarse á campaña nesta recta final poden facelo a través do formulario:  https://forms.gle/p89LwgsFvxZeYazQ7, acudindo a web municipal www.pontevedra.gal ou  escaneando o QR do programa de festas do Nadal. 

Pola súa banda os “cómplices” poden entregar os agasallos na Casa Azul (Rúa Sor Lucía, nº2), de  luns a venres, en horario de 9.30 a 13.30 horas ou de 16.30 a 18.30. Os que non poidan axustarse ao  horario, que contacten no whatsapp de en(Volve) para buscar unha solución: número 606987743.  É importante que o agasallo teña visible o número de referencia da carta asignada e, sería  

desexable que tivera escrito o nome da nena ou neno como farían os Reis Magos. E tamén é  necesario que leve o ticket de compra por se fose necesario cambialo por estar defectuoso.  

Desde a Concellería de Benestar Social fase un chamamento aos “cómplices” para que na busca e  adquisición dos agasallos acudan ao comercio local. Na campaña do 2023 deixaron preto de  12.000 euros no tecido comercial da cidade.

Comparte este artigo