Home Pontevedra Deza Equina Galicia pechou hoxe cos premios do VIII Campionato de España Pura...

Equina Galicia pechou hoxe cos premios do VIII Campionato de España Pura Raza Española e a celebración do Trofeo de Enganches

- Anuncio -

ESTE EVENTO ECUESTRE, QUE SE LEVOU A CABO DURANTE TRES DÍAS NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, TAMÉN INCLUÍU NAS DÚAS XORNADAS ANTERIORES TRES COMPETICIÓNS DE DOMA CLÁSICA, UN CARRUSEL ECUESTRE, BAUTISMO HÍPICO E UNHA XORNADA TÉCNICA

Equina Galicia 2022, organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, finalizou hoxe tres días de intensa actividade no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

No marco deste evento, o cal contou con entrada gratuíta, leváronse a cabo cinco importantes competicións e outras actividades ecuestres tanto para profesionais como lúdicas, como foron bautismo hípico para os máis novos, un espectáculo ecuestre e unha xornada sobre as novidades do Programa de Cría do PRE e as vantaxes da xenómica, a cargo da Real Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE).

O VIII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é o eixo central do evento e valora tanto a morfoloxía como os movementos, levou a cabo esta mañá as súas seccións de eguas de 7 ou máis anos e cobras de tres eguas e tamén os seus premios especiais.

Xa ao mediodía celebrouse a entrega de premios do Campionato. O Campión do concurso foi Seni Torero IV, propiedade da gandería Fernández Nieto, de Verín (Ourense), mentres que a Campioa foi Ura del Pas, de Yeguada del Pas, de Santander (Cantabria). Como subcampións alzáronse, en machos, Mohicano de Martet, da gandería Erika y Moreno, de Mallorca (Baleares) e, en femias, Rociera de Vida, da gandería Villanueva Dacasa, de Arzúa (A Coruña)

En canto ao Campión e a Campioa Xoven foron, respectivamente, Deseado de Vida III, de Yeguada Mora Trujillo España, de México, e Condesa da Cabaña, da gandería Carlos Conde, de Santiago de Compostela. Como Subcampións Xoves alzáronse, en machos, Lisonjero de Vida, de Yeguada Gran Vida, de León, e en femias Farra de Vida, de Yeguada Margomor, de Arzúa.

O campión adulto de Mellores Movementos foi Seni Torero IV, da gandería Fernández Nieto, mentres que a campioa foi Ura del Pas, de Yeguada del Pas. O campión xoven de Mellores Movementos foi Deseado de Vida III, de Yeguada Mora Trujillo España, mentres que o subcampión foi Lisonjero de Vida, de Yeguada Gran Vida.

En Funcionalidade o campión e subcampión foron, respectivamente, Mohicano de Martet, da gandería Erika e Moreno, e Pucho Boedo, de gandería PV, de A Coruña. Respecto da Mellor Gandería deste VIII Campionato alzouse co título Yeguada Los Alcores, de Valladolid.

En canto aos premios concedidos por ACCEGA neste concurso, o mellores poldro e poldra nacidos en Galicia foron, respectivamente, Lisonjero de Vida, propiedade da gandería Gran Vida, de León, pero nacido en Arzúa, e Condesa da Cabaña, da gandería Carlos Conde, de Santiago de Compostela.

Nesta competición tres estrelas, a máxima categoría a nivel nacional concedida pola Real Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE), participaron durante os tres días máis de oitenta exemplares 45 destacadas ganderías procedentes de doce Comunidades Autónomas, como son Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Estremadura, Castela e León, Madrid, Valencia, Andalucía, Cataluña, Murcia e Baleares, ademais dunha gandería de México. Clasificáronse os cinco primeiros de cada sección para a final do Campionato do Mundo, a cal se celebrará a finais de novembro en Sevilla, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).

Enganches

Este mediodía celebrouse tamén o Trofeo Equina de Enganches, un Open organizado polo Club de Enganches de Galicia e ACCEGA co obxectivo de que esta disciplina siga medrando na Comunidade.

Na categoría de Limonera, consistente en carruaxes de catro rodas cun cabalo, o gañador foi Carlos Castiñeira, mentres que o segundo posto foi para José Manuel Suárez e o terceiro para Manuel Magdaleno (Cerdedo-Cotobade).

En Troncos, tamén coches de catro rodas pero con dous cabalos, o pódium estivo composto por Jaime Adán (Lalín), Carlos Otero (A Coruña) e Manuel Magdaleno (Cerdedo-Cotobade).

O Trofeo contou cunha decena de participiantes procedentes de distintos puntos das provincias de A Coruña e Pontevedra.

Doma

Por outra banda, Equina Galicia celebrou onte tres competicións de doma clásica, nas que participaron preto de 70 binomios de distintos puntos de España. Na súa entrega de premios, tamén realizada onte, estivo presente Luís López, delegado da Xunta en Pontevedra.

En canto ao III Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, o cal pretende fomentar as pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural galego, acadou a cifra récord de 50 rexistrados. Os resultados foron os seguintes. En Rider 1A o primeiro posto foi para o binomio conformado por Carmen Viñas e Coyote, o segundo para Laura Grande tamén con Coyote e o terceiro para Sabela Torrado con Egipcio . En AP Preliminar venceu Marga Cobas con Null. En AP Galega a campioa foi Nely Martínez con Aveno, mentres que a subcampioa foi Alicia Grande con Quebranto. En Rider 2A o primeiro posto foi para Jenifer Alonso con Revalera XIV e o segundo para Carmen Viñas con Coyote.

Na XXIV Copa Accega, o gañador foi Aitor Manso co cabalo Seni Torero IV. Respecto ao Territorial, puntuable para o Campionato de Galicia, en Infantil o primeiro posto alcanzouno Martín Díaz con Zahino; mentres que en Preliminar 6 anos fíxoo Diego González con Ártabro de Garabana, En Xuvenís 0* Individual o pódium estivo composto por Xiana Pérez con Poca Pena, María Dosantos con Renate e María Tarrío con Hilandero XVIII. En Alevíns Individual os dous primeiros postos ocupáronos, respectivamente, Sálvora Vilariño con Letrado e Aldara Riádigos con Furia. En preliminar 5 anos venceu Diego González con Don Donato. En Rider 1 A os tres primeiros foron Alicia Fajardo con Arenal IV, Marta Puentes con Rous de Cearán e Sofía Brea con Arenal IV. En Preliminar 4 anos, o primeiro e segundo posto conseguiunos Aitor Manso, no primeiro caso con Seni Torero IV e no segundo con Rocky PV, mentres que a terceira posición foi para Carlota Rodríguez con Alma da Luaira. En AP Preliminar o pódium estivo composto por Catalina Sánchez con Esqueiro, Aitana Díaz tamén con Esqueiro e Elisa Seijo con Furia, mentres que en Rider 2B conformárono Carolina Rubianes con Flamenco, Noelia González con Bingo de Abajo e Chantal Rodríguez con Edy Berlín Parisol. En Xuvenís 1* Individual a gañadora foi Carla Carrera con Escudo III. En Rider 3B os tres primeiros postos recaeron en Aimara Sotelino con Criasor GG, Judit García con Nusco GC e Mario Jiménez con Caramelo. En San Jorge a gañadora foi María José Mosteiro con Empaste AGS.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas