Home O Morrazo Bueu Esta fin de semana celébranse a VII Bandeira de Traineriñas Concello de...

Esta fin de semana celébranse a VII Bandeira de Traineriñas Concello de Bueu

- Anuncio -

• O sábado terán lugar as clasificatorias e o domingo as finais, e agárdase a participación de embarcacións de dez clubs

O peirao de Bueu acollerá esta fin de semana a VII Bandeira de Traineriñas Concello de Bueu, organizada polo Club do Mar de Bueu- Teccarsa e o Concello de Bueu. Esta actividade celebrarase o sábado a partir das 17.30 horas coas probas clasificatorias, mentres que o domingo ás 11.30 horas disputaranse as finais. Terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías, tal e como destacaron na rolda de prensa celebrada este xoves Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Javier Pazos, e Alberto Chapela, membros da directiva do club organizador.

No campionato participarán traiñeiriñas das categorías xuvenil masculino, xuvenil feminino, absoluto masculino e absoluto feminino. A organización agarda a participación de diversas embarcacións dos clubes da Zona Territorial Sur, concretamente do C.R. Chapela, S.D. Samertolameu, C.R. Meira, C.R. Vila de Cangas, Amegrove C.R., C.R. Mecos, C.C.D. Cesantes, S.D. Tirán, C.R. Robaleira e Club do Mar Bueu – Teccarsa.

O percorrido consta de 3500 metros e irá dende o peirao de Bueu cara a praia de Portomaior.

Tal e como se establece no regulamento, as traiñeiriñas gañadoras na categorías faranse cunha bandeira conmemorativa da proba e clasificaranse para o campionato galego.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas