- A XI edición da proba, que une os concellos de Tui e O Porriño, celebrarase o vindeiro domingo 14 de xuño a partir das 11:30 horas.
- As inscricións permanecerán abertas na web oficial ata as 23:59 horas deste martes 9 de xuño.
O Tríatlon Concello do Porriño volve este ano con máis forza que nunca. Esta cita é unha das máis agardadas e espectaculares do calendario deportivo galego. Trátase dun evento organizado polo Concello do Porriño, coa colaboración de Tui e a FEGATRI, que conta cun padriño de excepción: Borja Gómez Méndez, recoñecido ciclista e triatleta con síndrome de Down, que é un referente na integración do deporte.
Durante a súa intervención, o alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou: “É un orgullo presentar unha proba que une deporte, colaboración institucional e posta en valor do noso territorio”. Unha proba que, como explica Javier Campos Peña, presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI), poderá ter un máximo de 350 participantes, recalcando que o prazo remata este martes 9 de xuño.
O percorrido comezará en augas do Río Miño, con 750 metros de travesía a nado, que partirán da Comandancia Naval, onde xa todo está preparado, segundo explicou na presentación Víctor García Pozuelo, Comandante Naval do Miño. Sseguirá en bicicleta os 20,2 quilómetros que separan Tui do Porriño e rematará a pé, con 5 quilómetros de circuíto urbano pedestre. A meta estará no centro do Porriño, onde se agarda unha gran presenza de público para recibir aos deportistas.
Inscricións
Os atletas que aínda non formalizasen a súa alta están ante a súa última oportunidade, xa que o prazo de inscrición, aberto dende o pasado 14 de maio, péchase definitivamente este martes 9 de xuño.
Baixo o lema “Atrévete a vivir a aventura”, a competición arrancará o domingo 14 de xuño ás 11:30 horas cun esixente e vistoso percorrido en liña que conectará ambas as dous localidades a través das tres disciplinas.ño.
Baixo o lema “Atrévete a vivir a aventura”, a competición arrancará o domingo 14 de xuño ás 11:30 horas cun esixente e vistoso percorrido en liña que conectará ambas as dúas localidades a través das tres.

