Para este venres tempos una novidade importante: a noite aberta, con pinchos gratis para quen compre no comercio local
Como gran novidade deste ano,celébrase a Noite Aberta co comercio local aberto ata as 24h e as persoas que merquen nel terán un pincho gratis en Estación 57, La Bendecida, La Bici, El Alambre del Abuelo, Paso a Nivel, Pinzas, Sekretos e Treinta y Tau, simplemente presentando o ticket de compra
Durante todos os venres e sábados do mes de novembro, entre as 19:00 e as 23:00 horas, un total de 30 establecementos participarán nesta ruta gastronómica.
O Porriño, 5 de novembro de 2026. Regresa a mellor ruta gastronómica do Porriño: o D-Gusta Porriño que se celebrará todos os venres e sábados do mes de novembr. Ademáis durante a primeira xornada, este venres, celebrarase a Noite Aberta, na que o comercio local do Porriño estará aberto ata ás 24h. E todos os tickets de compra dese día entre ás 19 e ás 24 poderán canxearse por un pincho gratis en Estación 57, La Bendecida, La Bici, El Alambre del Abuelo, Paso a Nivel, Pinzas, Sekretos e Treinta y Tau.
Esta iniciativa de petiscos e tapas conta nesta edición coa participación de 30 locais que ofrecerán máis de 30 propostas culinarias diferentes. Nesta ocasión, haberá opcións para todos os públicos e padares, con elaboracións a base de carne, peixe e verduras, ademais de alternativas veganas e sen glute.
A Asociación de Hostaleiros do Porriño (AHOSPOR), en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, presenta esta nova edición dun evento que se celebrará todos os venres e sábados de novembro, ofrecendo a veciños e visitantes unha oportunidade única para gozar da rica oferta culinaria da vila.
Durante as xornadas da ruta, de 19:00 a 23:00 horas, os establecementos participantes servirán os seus petiscos a un prezo de 1,5 euros (sen consumición) ou 2 euros (con consumición).
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que “o D-Gusta é moito máis ca unha ruta de tapas; é unha demostración do talento e do traballo da nosa hostalería”. Así o rexedor convida a todo o mundo a estrear esta fin de semana este evento gastronómico “ para desfrutar do ambiente e dos excelentes produtos dos nosos locais”. Animou tamén a comprar no comercio local.
Como en edicións anteriores, quen participe terá a oportunidade de gañar diversos premios. Por cada petisco ou tapa que se consuma, recibirase un selo nun “pasaporte” especial. Ao completar catro selos, entrarase no sorteo dun bono de 500 euros e de 10 bonos de 50 euros para gastar na hostalería e no comercio local do Porriño. Cantos máis selos se consigan, máis oportunidades haberá de gañar.
A ruta D•Gusta Porriño consolídase como un importante dinamizador da economía local. Cada ano, miles de persoas participan, impulsando tanto a hostalería como o comercio, enchendo as rúas de vida.
Hostalería participante
A Francachela (Praza Central, 2)
Patacas tella con salsa, acompañadas de ovo, chourizo cantimpalo e un anaco de pan do Porriño
Argentino 2 (Rúa Antonio Palacios, 42)
Selección de pizzas
Bar Liceum (Rúa Ramón González, 16)
Mar ou terra
Baraka (Avda. Domingo Bueno, 56)
Caldeirada de pescada
Bo camiño (Avda. Domingo Bueno, 43)
Vieira á prancha con puré de patacas
Café La Paix (Rúa Antonio Palacios, 5)
Cachorro La Paix
Camino De Santiago (Os Eidos, 16, Atios)
Ensaladilla con polbo e mexillóns con torradas de pan de allo
El alambre del abuelo (Rúa Granxa Malladoura, 16)
Papillota de solombo
El Patio (Rúa Servando Ramilo, 26)
Pincho el patio
El Pincho (Rúa Pinar, 7)
O pincho roll
Estación 57 (Rúa Molinos, 13)
Dúo con flow: torradas variadas. Opción de pincho sen glute
Hotel Parque (Praza do Cristo, s/n)
Mini albóndega en pan francés
La Bendecida (Rúa Antonio Palacios, 36)
Pincho el bendecido
La Bici (Rúa Pio XII, 10)
Bocadiño La Bici
La Bombonera (Avda. de Galicia, 34)
Bocadiños Bombonera
La Cueva (Rúa Ramón González, 15)
Pementos do piquillo recheos
La de Sandra (Rúa Ramiranes, 15)
Bocadiño de Sandra
La guarida (Avda. de Galicia, 8)
Guarizza
La vinoteca (Rúa Pinar, 13)
Venres currichiño, sábado espetiño
Paso a Nivel (Rúa Progreso, 1)
Opción 1: Taco galego de carrillera adobada en zorza, con tetilla e maionesa de Padrón
Opción 2: Ovos rotos con mechada de carrillera adobada en zorza, patacas e ovo (sen glute)
Pinzas (Rúa Leandro Diz, 2)
Pulled pork en pan brioche
Pinzas burguer (Rúa Parque Infantil, 37)
Patacas gajo con cheddar e jalapeños
Platinum (Rúa Antonio Palacios, 95)
Cachorro quente
Saspi (Rúa Manuel Rodríguez, 13)
Bocadiño de xamón ao forno, con cebola caramelizada e queixo de tetilla, acompañado de patacas tella
Sekretos (Rúa Ramón González, 47)
Pincho Sekreto
Sol (Rúa Antonio Palacios, 46)
Bocadiño de lombo con queixo
Treinta y Tau (Rúa Domingo Bueno, 8)
Mini bocadillo de xamón asado con queixo
Underground (Avda. Domingo Bueno, 3)
Taco de cochinita pibil, sen glute. Opción de pincho vegano
Xantar de Pepa (Camiño Fontevella, 2)
D•Gusta Pepa
Zentral (Praza Central, 3)
Mini hamburguesa Zentral

