Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos no Festival de Cans

- Anuncio -

Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto ‘Eureka Reto Rural’

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillaron baixo os focos na última edición do Festival de Curtametraxes de Cans, un dos encontros máis relevantes do panorama audiovisual galego que cada ano reúne a destacados persoeiros do mundo do cinema e a milleiros de afeccionados á sétima arte.

Gran escenario para promocionar o territorio, a participación de EuRural e Xeodestino comezou na contraportada do Canzine, o xornal oficial do festival, que luciu na súa páxina final unha publicidade especial da experiencia turística ‘Eureka Reto Rural’, reforzando a visibilidade e o impacto dunha iniciativa que está a percorrer os 14 concellos do territorio con xogos de escapismo ao aire libre cos que coñecer os municipios e que está a ter unha grandísima acollida por parte do público. 

Pero como non podía ser doutro xeito nun festival de curtas, EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño amosou durante os tres días de festa o vídeo da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’, unha campaña protagonizada por persoas reais que co seu traballo diario conquistan ás persoas que visitan calquera dos 14 concellos que integran o Xeodestino e que foi presentada a principio de ano en FITUR, un dos principais encontros do sector turístico en Europa.

Antes do acto inaugural do Festival proxectouse de forma íntegra o vídeo, que foi moi ven recibido por parte do público. Ao longo do sábado, as promocións da campaña foron proxectándose ao longo do día, mantendo así viva a atención sobre EuRural e o Xeodestino. A participación rematou co visionado de novo da peza completa antes da actuación central do festival, permitindo ás e aos espectadores afondar aínda máis nas posibilidades que ofrece o territorio para un turismo auténtico, enriquecedor e de calidade.

Coa súa participación no Festival de Cans, EuRural e Xeodestino “reafirman a súa aposta por dar a coñecer e promocionar as potencialidades turísticas e culturais do territorio empregando plataformas e eventos de gran visibilidade coma esta para chegar a un público amplo e diverso”, como salienta a presidenta da asociación de desenvolvemento rural, Sandra González.  

Pola súa banda, a representante institucional do Xeodestino, Cristina Correa, destacou a importancia de participar en eventos culturais de gran repercusión, “unha oportunidade inigualable para amosar as iniciativas de turismo sostible que estamos levando a cabo e amosando ao público o amplo abano de experiencias polas que apostamos no territorio”.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas