HomePontevedraO CondadoÉxito de participación nas finais de Talento Xove 

Éxito de participación nas finais de Talento Xove 

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas quere amosar o seu  agradecemento a toda a cidadanía participante nas finais de Talento Xove, tanto ao  público como aos mozos e mozas que concursaron. “Comprobamos por segundo ano  consecutivo que en Ponteareas hai moito talento e moitas gañas de expresalo.  Estamos máis que satisfeitos coa boa acollida que tivo a segunda edición. Máis de  500 mozas e mozos e nenas e nenos inscritos nas distintas disciplinas”, explicou a  alcaldesa, Nava Castro.  

Nava Castro traslada tamén os seus parabéns á concellería de Xuventude polo  traballo realizado e á dirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia o importante  apoio recibido, non só económico tamén coa súa presenza nalgunhas das finais.  

A nave Aceros del Tea acolleu a final de cociña, o auditorio municipal a de danza, o  aparcamento Sarmiento Rivera a final de DJ´s e a residencia de artistas Artistea a de  banda deseñada, deseño de xoias, fotografía, novela, poesía e debuxo.  

O concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, salienta a importancia de contar cun  xurado profesional en cada unha das finais, “estamos moi agradecidos a todas e todos  eles por dedicar o seu tempo a escoitar e valorar cada traballo coa sensibilidade e  cariño que se require pero tamén cunha ollada profesional e de experiencia que  enriquece moito o concurso”. 

Alcaldesa e concelleiro animan a todas as veciñas e veciños a arroupar a estes  talentos que seguirán demostrando ante o público as súas dotes na final de música  que terá lugar o venres 23 de maio no auditorio municipal. 

Nesta segunda edición o concurso Talento Xove ofreceu talleres de formación previos  como o de deseño de xoiais, fotografía ou DJ e engadiu tres novas disciplinas para  concursar, a de monólogo, deseño de xoias e DJ que sumaron ás ofertadas na 

NOTA DE PRENSA 

primeira edición: poesía, novela, artes plásticas, cómic, cociña, fotografía, música,  arte urbano, danza moderna e moda.

Publicacións Relacionadas