HomePontevedraÉxito de participación no I Mercado de Oportunidades e de Segunda Man,...

Éxito de participación no I Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Primavera 2025 que hoxe celebra Soutomaior

- Anuncio -spot_img

Este mercado desenvolverase ata ás 20:00h. desta xornada na praza de Talo Río. Esta tarde a Charanga ‘CANTOS SOMOS’ encherá de divertimento e son este Mercado e horario de 17:00 a 19:00h.


18 de maio. A concelleira de Hostalería, Comercio e Promoción Económica, Rosana Comesaña, inaugurou nesta xornada o I Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Primavera 2025 que organiza o Concello de Soutomaior. Este mercado nace coa intención de ofrecer un escaparate ás persoas e comercios para que poidan amosar os seus produtos e aumentar as súas ventas. Ten como fin dinamizar o sector económico e á vez crear ambiente de barrio, de rúa, propiciando un espazo de encontro entre a veciñanza e as persoas visitantes, para desfrutar dunha xornada de lecer e coñecer todos os recursos cos que conta o concello.


Un Mercado que conta con 28 postos con produtos moi diversos: roupa e complementos, artesanía, libros, vinilos, artigos de casa e decoración, xoias enseres domésticos, xoguetes, aparatos electrónicos e mel. Un mercado que tamén potencia a economía circular e á SOSTIBILIDADE social e medioambiental ofrecendo produtos doutras tempadas que poden ser unha oportunidade.


Unha iniciativa que pon en marcha medidas a prol do respecto polo medio ambiente, a sostibilidade e a aposta polos produtos de proximidade. A concelleira Rosana Comesaña destacou nesta xornada que “a dinamización comunitaria é un alicerce fundamental para a construción dunha cidadanía máis comprometida cos grandes retos da Axenda 2030 e para a Axenda Urbana de Soutomaior”.


Nesta tarde poderase desfrutar deste mercado ata ás 20:00h. na praza de Talo Río, ademais para dinamizar máis esta cita, en horario de 17:00 a 19:00h., contará coa actuación da charanga “Cantos Somos”.

Publicacións Relacionadas