Home Pontevedra Deza ExpoBus Iberia participa por primeira vez como expositor no salón FIAA para...

ExpoBus Iberia participa por primeira vez como expositor no salón FIAA para promocionar a súa edición de 2025, que será do 20 ao 22 de novembro

- Anuncio -

CONTA CUN STAND NA DÉCIMO QUINTA EDICIÓN DESTA FEIRA INTERNACIONAL DO AUTOBÚS E O AUTOCAR, A CAL SE CELEBRA EN IFEMA MADRID DENDE HOXE ATA O VINDEIRO VENRES

A cuarta edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, promociónase na décimo quinta edición da Feira Internacional do Autobús e o Autocar (FIAA), a cal se celebra dende hoxe ata o vindeiro venres no recinto Ifema, de Madrid.

Trátase da primeira vez que ExpoBus Iberia participar como expositor neste evento, e faino para promocionar a súa vindeira edición, a cal terá lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA do 20 ao 22 de novembro de 2025.

Así, un equipo comercial da feira encabezado polo seu director, Ricardo Durán, atende estes días un stand no que se informa aos visitantes da completa proposta que dende hai meses está a implementarse para 2025. Ademais, o persoal desprazado a Fiaa tamén visitará outros expositores para darlles a coñecer as vantaxes de participar en ExpoBus Iberia 2025 e participará en actividades de interese relacionadas co sector.

Unha feira cunha excelente evolución

ExpoBus Iberia experimentou unha magnífica evolución. Así, tras tres edicións é xa a segunda maior feira do sector a nivel nacional, despois de Fiaa. Na súa última cita, en 2023, contou con 130 firmas de 18 países, as cales estiveron representadas por 63 expositores directos de España, Portugal, Polonia, Países Baixos, Irlanda e Australia. Unhas cifras que dotaron ao certame de maior carácter internacional, xa que estes expositores directos procedían do dobre de países que na pasada cita e supoñían un 133% máis que entón.

En canto ao número de visitantes, rexistrou 2.048 profesionais, un 8,8% máis que na anterior convocatoria. Unha afluencia moi relevante tendo en conta a especificidade do sector e o carácter altamente técnico da feira.

Uns resultados que supoñen o respaldo do sector, o cal a través das empresas presentes na última reunión do seu comité organizador destacou a feira como unha experiencia moi positiva e con moi bos resultados. Un apoio ao que se suma, con total disposición para consolidar e posicionar o certame, a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, a cal ademais agora forma parte de mesma consellería que a Feira Internacional de Galicia ABANCA, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas