test
Home Pontevedra O Condado Fin do proxecto interdisciplinar anual:Multicines Leirado: Aprendizaxe, Cámara, Acción!

Fin do proxecto interdisciplinar anual:Multicines Leirado: Aprendizaxe, Cámara, Acción!

- Anuncio -

O martes, 18 de xuño, de 10:15 a 13:30 h., no CEIP Plurilingüe de Leirado, como peche das actividades lectivas no centro, haberá festival de cine coa proxección de nove curtas elaboradas polo alumnado do centro e unha exposición dos traballos realizados ao longo do curso en relación co proxecto interdisciplinar “Multicines Leirado: aprendizaxe, cámara, acción!”
O alumnado será o protagonista da explicación do proxecto anual de centro acompañando ao público asistente durante o seu percorrido e explicando o traballo realizado.
Neste proxecto o alumnado do centro realizou distintos traballos de investigación (historia e evolución do cine, películas salientables, xéneros cinematográficos, bandas sonoras…), elaborou os distintos compoñentes dun proxecto cinematográfico (story board, guión cinematográfico, decorado, vestiario, maquillaxe…), deseñou o plan de rodaxe (roles técnicos e roles artísticos) gravou curtas e finalmente as editou e montou.
Desenvolvéronse tarefas integradas con estruturación cooperativa atendendo aos principios do deseño universal de aprendizaxe en todos os niveis que culminarán coa proxección de nove curtametraxes (produtos finais das tarefas integradas do 3º trimestre).

A Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe de Leirado agarda a súa asistencia en horario de 10:15 a 13:30 h.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas