Home Deputacións Deputación Pontevedra Forcarei estrea a nova sede do Centro Etnográfico de Terra de Montes...

Forcarei estrea a nova sede do Centro Etnográfico de Terra de Montes co apoio da Deputación a través do Plan Concellos

- Anuncio -

O deputado Carlos Font e alcaldesa Verónica Pichel visitaron as novas instalacións situadas no Auditorio de Soutelo, que albergarán 1.200 pezas dos séculos XIX e XX

O novo Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMO), no auditorio de Soutelo de Montes, xa é unha realidade gracias ao apoio da Deputación a través do Plan Concellos. O deputado Carlos Font e a alcaldesa, Verónica Pichel, visitaron hoxe as instalacións en compañía de Alfredo González, representante da familia propietaria da colección etnográfica, para supervisar o resultado final e o avance da exposición permanente deste novo recurso cultural.

O CETMO ocupará preto de 150 metros cadrados e repártese en dous espazos diferenciados cunha zona de acceso con capacidade para albergar entre 15 e 20 persoas, na que se poderá consultar material de promoción e bibliográfico, e unha área de percorrido pola colección con vitrinas para as pezas, paneis explicativos e unha zona de proxección. Alfredo González, coleccionista e investigador do Centro Superior de Información da Defensa (CESID), estivo moi presente en todo o proceso, garantido a súa correcta execución. Amais deste proxecto, González está a dirixir as escavacións do poboado dos presos republicanos, que en calidade de presos construíron o Val dos Caídos, unha investigación impulsada pola Secretaría de Estado de Memoria Democrática.

Os traballos acometidos, cun custe de 27.500 euros, foron executados pola empresa Carpintería Marcos Muras Cavadas. O proxecto consistiu no trasdosado da parede, caixóns vitrina e expositores de diferentes tipoloxías, acabado do chan, acabado de paredes e mobiliario, pintura, contras escurecedoras, tabiques de separación, moble de recepción, instalación eléctrica xeral e iluminación led de apoio para as vitrinas. A maiores da subvención da Deputación, o Concello afrontou o arranxo de parte do tellado.

A colección da familia González Ruibal está composta por 1.200 de pezas da súa propiedade e tamén de doazóns da veciñanza sobre gandería, agricultura, vida cotiá, emigración ou oficios tradicionais (carpintería, cantería, cerería, cultivo e tratamento do liño…) que representan a etnografía tradicional da Terra de Montes, maioritariamente da etapa comprendida entre finais do século XIX e mediados do XX.

A filosofía museográfica permite que as pezas poidan renovarse e mesmo acoller outras mostras temporais de modo que, ademais de albergar esta colección, sirva tamén de foro cultural da Terra de Montes no que realizar xornadas, exposicións ou charlas sobre cultura, arqueoloxía, arquitectura ou historia e tradición oral fomentando así a sinerxía entre colectivos e profesionais da contorna en estas temáticas.

A segunda planta do museo destinarase a almacén e zona de traballo, xa que nas obras acometidas polo anterior goberno municipal, nas que se investiron 44.000 euros, non se habilitou un ascensor, co que non cumpre a accesibilidade para o público. Precisamente a actuación realizada polo Concello para arranxar parte do tellado veu derivada da colocación dunhas chapas vellas nesa primeira obra anterior a Verónica Pichel.

O museo abrirá as súas portas nas próximas semanas, en canto finalice o traslado de todas as pezas. Desde ese momento, veciñanza e visitantes poderán gozar das súas novas instalacións, caracterizadas pola súa estética limpa, transparente e moderna en contraste coa estética tradicional dos centros etnográficos.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas