Home Vigo Mos Fórmate onde queiras e cando queiras

Fórmate onde queiras e cando queiras

- Anuncio -

Mos presume da súa AULA MENTOR, unha das tan só 5 existentes en Galicia. O Concello de Mos achega aos seus veciños a FORMACIÓN a través da súa AULA MENTOR

O Concello de Mos puxo en marcha a comezos desde ano 2022 a nova plataforma de formación a distancia que hoxe presentaron oficialmente desde a aula física da mesma, sita na Axencia de Colocación, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, a técnico municipal de Emprego, Ana Vázquez, a traballadora municipal das concellerías de Educación, Participación Cidadá e Mocidade, Kely Monzón, e a voluntaria dixital da Aula Mentor, Mónica Suárez.

A de Mos é unha das 5 únicas Aulas Mentor existentes en toda Galicia.

Durante a pandemia, recibíronse multitude de demandas de formación en liña, o que levou ao Concello de Mos a solicitar un Aula Mentor ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, que lle foi concedida no ano 2021.

Hai 450 Aulas Mentor neste momento en todo o mundo, e a nivel internacional, intégrase nos plans operativos da OEI e en programas de cooperación ao desenvolvemento coa AECID do Ministerio de Asuntos Exteriores Español, polo que existen aulas situadas nalgúns países iberoamericanos dirixidas a diferentes perfís de poboación con necesidades e características diversas.

E existen convenios con ONGs con recoñecemento de interese público, o Instituto Cervantes e Institucións Penais. Trátase dun programa de formación en liña non regrada, flexible e con tutorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais. Tras o proceso de implantación o Concello, a visibilidade da aula Mentor do Concello é nacional, polo que culauqier persoa desde calquera lugar, pode ter acceso á nosa Aula Mentor.

A aula mentor de Mos, dispón dunha Aula física e a plataforma de formación onde os alumnos poden matricularse nun amplo catálogo de cursos de tódolos ámbitos (170 cursos en permanente actualización).

A voluntaria dixital da aula Mentor chámase Mónica Suárez (é de Mos). Ela atenderá a aula Mentor (previa cita) os mércores pola tarde (16:00-18:00 h). Nestas horas impartirá ás persoas interesadas un curso básico de alfabetización informática previa ao uso da Plataforma da aula Mentor.

A formación é avaliable con exames, que se realizarán na aula física. Superar esta proba dá dereito a un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación. Os primeiros exames realizaranse na primeira semana de outubro. Con obxecto de dotar a esta iniciativa dun certo grao de sustentabilidade económica, Aula Mentor NON é un sistema gratuíto de formación, pero o seu reducido custo faio accesible á maior parte da poboación (Matrícula inicial 48 €).

Este servizo está impulsado polas concellerías de Promoción Económica, Emprego e Educación e está dirixido a persoas maiores de 18 anos, co obxectivo de impulsar a formación a distancia. A responsable de ambos os departamentos, Julia Loureiro Campo lembra que esta ferramenta impúlsase a través dun convenio asinado co Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do cal Mos pasa a ser, xunto a Ponte Caldelas, Poio e Catoira, un dos municipios da provincia de Pontevedra que recibe unha achega por parte do Goberno estatal para impulsar esta actuación.

En concreto, a través deste programa búscase impulsar iniciativas formativas para persoas adultas que formen parte daqueles colectivos que máis padecen o problema da fenda dixital. As sesións telemáticas poderán atenderse desde o propio domicilio ou poderán atender ás mesmas desde a propia Aula situada na Axencia de Colocación de Mos, na parroquia de Tameiga.

A aula dispoñerá dunha administradora, que será a que lles realizará o trámite de matrícula e asesoraralles sobre o contido do curso que lles interese. O Concello pon ao dispor da veciñanza toda a información necesaria a través dos seus perfís en redes sociais e na páxina web https://aulamentor.mos.es

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas