Fotografía e natureza para público familiar

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Redondela, dentro das actividades de carácter medioambiental que organiza co gallo da Semana Santa, ofrece para este sábado día 30 a actividade “Charla e saída de iniciación á fotografía de natureza”.  Está dirixida a público familiar, e para a mocidade maior de 12 anos. O obxectivo é que os participantes aprendan nocións básicas de fotografía ao tempo que se achegan á natureza de xeito respectuoso coa flora e a fauna da contorna. Os monitores que realizan a actividade ofrecerán aos participantes todas as indicacións “para saír á natureza e gozar do entorno ao tempo que aproveitan os seus móbiles ou cámaras fotográficas para tomar imaxes da flora e a fauna”. Sinalan ademais que, esta época do ano a comezos da primavera “é un excelente momento para achegarse aos ríos, onde aínda están presentes as aves migratorias e a vexetación agroma”.

A actividade será en horario de 10:30 a 13:30 horas. Comezará no Multiúsos da Xunqueira, onde se ofrecerá unha charla teórica, e logo os asistentes fará un percorrido pola contorna do río ata a súa desembocadura na enseada de San Simón para coñecer toda a súa biodiversidade. Esta saída enmárcase nas actividades de turismo ambiental que organizan as concellerías de Medio Ambiente, Turismo e Infraestruturas e Sostibilidade. A actividade, que é de balde, conta con prazas limitadas. É preciso facer a inscrición previa no teléfono 986 400300 ou no enderezo electrónico concello@redondela.gal.

Comparte este artigo