Home Vigo Mos Gustavo Barcia repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Mos en...

Gustavo Barcia repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Mos en 2023

- Anuncio -

O actual portavoz municipal recibiu o apoio unánime da Asemblea Local e o seu nome foi referendado xa polo Consello Nacional.

Barcia aspira a liderar o goberno municipal “para mellorar a calidade de vida da xente de Mos” cunha xestión transparente e eficaz.

A militancia do BNG de Mos renovou a súa confianza en Gustavo Barcia como candidato á alcaldía. O actual portavoz municipal, que en 2019 liderou por primeira vez a lista da formación nacionalista para as eleccións municipais, obtivo o respaldo unánime da Asemblea Local e será cabeza de cartel nos comicios do próximo mes de maio. Esta decisión supón un recoñecemento ao traballo desenvolvido durante o último mandato, no que se realizou un gran esforzo para fiscalizar a acción de goberno do PP e manter un contacto permanente co tecido veciñal a pesar dos condicionantes impostos pola pandemia.

Trala súa designación como candidato, Gustavo Barcia expresou a súa confianza en acadar “un amplo respaldo do electorado” nas eleccións de 2023 e encabezar un proxecto alternativo “ao goberno das chapuzas de Nidia Arévalo”. Nos últimos meses, o portavoz municipal do BNG, arroupado polos membros do Consello Local, mantivo unha serie de encontros coa veciñanza en todas as parroquias do concello onde puido constatar, por unha banda, o descontento xeneralizado coa xestión do PP e, pola outra, a boa acollida das propostas nacionalistas. Estas reunións serviron tamén para recoller as suxestións de distintos colectivos veciñais e de moitas persoas a título particular que serán incluídas no programa de goberno para os próximos catro anos. “Presentaremos un proxecto ilusionante e realista para mellorar a calidade de vida da xente de Mos, cunha xestión transparente e eficaz que poña fin ao malgasto e o sectarismo do PP”, explica o candidato nacionalista á alcaldía.

Candidatura para gobernar

A boa percepción do traballo realizado por Barcia dende a oposición traduciuse, nos últimos anos, nun incremento notable de militantes a nivel local e nun crecente achegamento de veciñas e veciños que ven no BNG a mellor opción de futuro para o Concello de Mos. “A xente está farta dun goberno que vai improvisando sobre a marcha con obras mal feitas, dun PP obsesionado coa propaganda que non respecta ás persoas en situación de vulnerabilidade e da submisión da alcaldesa aos intereses dos especuladores”, sinala Barcia. “Así nolo están transmitindo, e nós queremos ofrecerlles unha alternativa que garanta o crecemento urbanístico ordenado, a mellora dos servizos públicos e a equidade no trato da administración municipal coas asociacións veciñais e a cidadanía, independentemente das afinidades persoais ou ideolóxicas de cada quen”, apunta o concelleiro.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas