Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Jorge Cubela pon en valor o “éxito” das fusións municipais realizadas en...

Jorge Cubela pon en valor o “éxito” das fusións municipais realizadas en Galicia e agarda a extensión do modelo de cooperación a toda España

- Anuncio -

• O alcalde salienta positivamente que a agrupación pontevedresa e a acometida en Oza-Cesuras sirvan de “exemplo” ao resto do Estado como formato de colaboración municipal

• O rexedor cre que o paso que están a dar os concellos extremeños de Don Benito e Villanueva de la Serena “xurde, sen dúbida, do bo resultado acadado en Galicia coas unións de 2013 e 2016”

• O munícipe destaca o “apoio inequívoco e imprescindible” da Xunta para levar a cabo estes procesos e salienta que os orzamentos municipais medraron en preto dun 50%

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, puxo en valor hoxe o “éxito” das fusións municipais realizadas en Galicia ao longo da pasada década, no seu propio municipio e no termo coruñés de Oza-Cesuras, e agarda a extensión do modelo de cooperación intermunicipal a toda España xusto cando se cumpren cinco anos de unión dos dous termos que hoxe preside baixo unha mesma administración local.

O rexedor local valorou moi positivamente o resultado de ambas agrupacións, tanto a realizada entre Cerdedo e Cotobade en outubro de 2016 como a efectuada con anterioridade por parte de Oza e Cesuras, na provincia da Coruña, tres anos antes. “Creo que as dúas fusións que fixemos en Galicia, e para as cales tivemos o apoio e impulso da Xunta de Galicia, que aposta decididamente pola racionalización da pranta
municipal e a pola optimización de recursos, serven de exemplo para o resto do Estado como formato idóneo de colaboración municipal”, apostillou.

Precisamente agora que se cumpren cinco anos da fusión de CerdedoCotobade, Jorge Cubela vén de comprobar o respaldo do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao proceso que veñen de iniciar os concellos extremeños de Villanueva de la Serena e Don Benito e lamentou “non ter recibido no seu momento nada de apoio e todo o rexeitamento de cargos
socialistas, tanto institucionais nas competencias que foran como orgánicos, para acometer un proceso valente que se revelou como eficaz, eficiente e de gran repercusión económica para a calidade de vida e o benestar dos cidadáns”.

“Creo que o paso que están a dar estes dous municipios de Extremadura vén marcado sen dúbida polo que fixemos en Galicia no seu momento.

Fomos pioneiros e os bos resultados acadados polas fusións de OzaCesuras en 2013 e por Cerdedo-Cotobade en 2016, que tiñan moitos ollos postos enriba, foron fundamentais para que, aínda que timidamente, outros concellos se atrevan a dar o paso, xa que é unha gran ferramenta para garantir a súa viabilidade, o seu progreso, o seu desenvolvemento e o seu futuro”, significou Jorge Cubela.

Finalmente, o rexedor revelou que o “apoio inequívoco e imprescindible” prestado pola Xunta de Galicia no seu momento foi “fundamental” para que estas dúas fusións saísen adiante e quixo animar a outros concellos da nosa comunidade, especialmente aqueles con menor poboación e orzamento, a que dean o paso “porque o seu futuro vai ser mellor e ademais van contar co respaldo do Goberno galego, que foi pioneiro e vangardista nestas accións e que está convencido de que son unha das mellores solucións para municipios con pouco peso demográfico”.

Finalmente, Jorge Cubela destacou que a fusión permitíu que o concello incrementara o seu orzamento municipal en preto dun 50%, que puidera prestar servizos de xeito máis eficiente e eficaz, que aforrara custos en persoal e contratos de servizos, que aumentara os seus investimentos e que, en definitiva, puidera mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas