Participara nunha tertulia sobre o seu libro “Las rosas de piedra” (2008) e na proxección do documental “Eloxio da distancia” (2007)
O escritor Julio Llamazares, Premio Nacional de Narrativa 2026, visitará o próximo xoves Tui dentro do programa de actividades conmemorativas do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui.
O autor do libro “Las rosas de piedra” (2008) dedicado ás catedrais españolas e cuxo segundo capítulo está dedicado á catedral de Tui, “La barca del Miño” participará nunha tertulia sobre este libro xunto á escritora Marga do Val e ao profesor de filosofía e sacerdote José Carlos Rodríguez Álvarez. Será o xoves ás 19.00 horas na capela das Reliquias da catedral tudense.
Posteriormente, ás 20,30 h. Julio Llamazares participará na proxección de Eloxio da distancia no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela en colaboración co Cine Club de Tui. Trátase dunha longametraxe de carácter documental galega estreada en 2007, dirixida por Felipe Vega e con guión de Julio Llamazares sobre unha idea orixinal do arquitecto e investigador no patrimonio, Mario Crecente, que participará na proxección. O documental, maxistralmente realizado e con gran forza narrativa, describe un ano na vida dos habitantes da comarca da Fonsagrada (Lugo).
Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, a presenza en Tui de Julio Llamazares, un dos máis prestixiosos escritores do actual panorama literario español, para participar nas actividades arredor do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui é unha excelente noticia pois contribúe especialmente a difusión dos valores materiais e inmateriais da nosa catedral. Sonsoles Vicente subliña que na súa prosa se abordan temas como a memoria, a paisaxe, o mundo rural e o seu proceso de declive que enlazan de xeito acaído coa significación da catedral de santa Maria de Tui e que serán abordados neste encontro.
Julio Llamazares (Vegamián, León, 1955) é xornalista, escritor e guionista, e ven de ser galardoado, polo Ministerio de Cultura, co Premio Nacional de Narrativa, correspondente ao ano 2026, pola súa obra ‘El viaje de mi padre’ (Alfaguara).
A obra de Julio Llamazares abrangue moitos rexistros literarios, que van desde a poesía con obras como ‘La lentitud de los bueyes’ (1979) e ‘Memoria de la nieve’ (1982), recopilacións de artigos como ‘En Babia’ (1991), ‘Nadie escucha’ (1995) e ‘Entre perro y lobo’ (2008), ata a literatura de viaxes con obras como ‘El río del olvido’ (1990 y 2006), ‘Trás-os-Montes’ (1998), ‘Cuaderno del Duero’ (1999), ‘Las rosas de piedra’ (2008), ‘Atlas de la España imaginaria’ (2015), ‘El viaje de don Quijote’ (2016) e ‘Las rosas del sur’ (2018).
Tamén escribe crónicas como ‘El entierro de Genarín’ (1981 y 2015), relatos curtos como ‘En mitad de ninguna parte’ (1995 y 2014) e ‘Tanta pasión para nada’ (2011), ou o dietario ‘Primavera extremeña’ (2020).
Ademais, entre as súas novelas están ‘Luna de lobos’ (1985), das que tamén escribiu o guión cinematográfico, ‘La lluvia amarilla’ (1988), ‘Escenas de cine mudo’ (1994 e 2006), ‘El cielo de Madrid’ (2005), ‘Las lágrimas de San Lorenzo’ (2013), ‘Distintas formas de mirar el agua’ (2015) e ‘Vagalume’ (2023).
En “Las rosas de piedra” (2008) realizou unha viaxe inesquecible por España a través das súas catedrais. Unha fascinante viaxe a través do tempo e o espazo, de volta á época na que se construíron as catedrais e a través do mosaico multicolor das rexións e paisaxes de España… Unha viaxe baseada na irresistible atracción do autor por estes magníficos edificios, auténticas caixas negras da nosa historia…
«Éste es un viaje en el tiempo y en la geografía. En el tiempo, hacia la época en la que se construyeron esos maravillosos edificios que conocemos como catedrales; y, en la geografía, a través de un país que es un mosaico de regiones tan diferentes como sus paisajes (…) me atraen mucho las ciudades que tienen obispo y no gobernador civil, que no se convirtieron en capital de provincia a principios del XIX y se han quedado como paradas en el tiempo, flotando entre la leyenda y la realidad, como Mondoñedo, Tui, Burgo de Osma, Ciudad Rodrigo, Segorbe, Baeza, cuyas catedrales suelen ser las que siguen estando vivas.

