Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López dá a benvida a Belén Cachafeiro ao goberno provincial, no...

Luis López dá a benvida a Belén Cachafeiro ao goberno provincial, no que María Ramallo asumirá Cooperación Local e Alejandro Lorenzo, Emerxencias

- Anuncio -

A nova deputada, que ocupa o lugar deixado por Jose López, asume a xestión de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital

“Con estes axustes queda configurado un equipo de enorme nivel para seguir transformando a provincia”, sostén López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres dunha reestruturación mínima do goberno provincial motivada pola saída do xa exdeputado e novo conselleiro de Cultura, Política Lingüística e Xuventude da Xunta de Galicia, Jose López. As súas competencias, Cooperación Local e Emerxencias, asúmenas María Ramallo e Alejandro Lorenzo, respectivamente. Mentres que a súa substituta, Belén Cachafeiro, encargarase do departamento de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital, que ata agora xestionaba Ramallo. “Con estes axustes, queda configurado un equipo de enorme nivel para seguir transformando a provincia”, afirmou o presidente Luis López.

O mandatario provincial aproveitou a súa comparecencia para dar a benvida á nova deputada Belén Cachafeiro, que ocupará o lugar de Jose López ao figurar como suplente na lista do Partido Popular no partido xudicial de Deza-Tabeirós-Terra de Montes.

Así mesmo, o presidente da Deputación recoñeceu publicamente o “inmenso labor” desempeñado polo novo conselleiro como responsable das áreas de Cooperación Local e Emerxencias. “O +Provincia, o plan de obras e servizos máis alto da Deputación, coas súas novidades respecto á liña 4 de proxectos de futuro ou o criterio de reparto por reto demográfico leva a súa sinatura de xestión e talento, xunto cun talante que contribuíu a atopar saídas ás reclamacións dos bombeiros”, agradeceu Luis López.

“Galicia e a provincia necesitan xestores coa bagaxe contrastada de José López, así que desde aquí desexámoslle toda a sorte”, concluíu o presidente da Deputación.

Relacionadas

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas